31 de xan. de 2014

Estamos lendo o lapis do carpinteiro (Manuel Rivas)

     A novela que estamos lendo no club de lectura trata sobre a vida dun doutor, Da barca, un republicano que defendía os dereitos nos que el cría. Isto levouno á prisión porque era a época franquista. 
      Daniel Da Barca estaba namorado de Marisa Mallo, unha moza de clase alta. Pero o seu amor era imposible porque o pai de Marisa o impedía. Daniel non quería vela sufrir indo visitalo ó cárcere.
     Tamén aparece nesta historia Herbal que era garda da prisión. Este sufría dun trauma dende pequeno por culpa do seu pai xa que mataba raposos con poucos meses de vida. 
     Para traballar o léxico da novela (algo complexo) fixemos os seguintes exerciciosCapítulo 14Capítulo 15Capítulos 16 e 17Capítulo 18Capítulos 19 e 20.
     O alumnado de 4º Diversificación realizarou unha serie de monólogos nos que imaxinaron ser un/unha dos/as personaxes da novela. Este é o resultado:


Na mente dun personaxe do lapis do carpinteiro on PhotoPeach

25 de out. de 2013

Lendo a Charlotte Brontë

Actores da versión fílmica de 2011
   Este primeiro trimestre estamos lendo a novela da xenial escritora Charlotte Brontë, Jane Eyre. Ó mesmo tempo estamos vendo as versións cinematográficas de 1997, a versión de 1996 e a de 2011 e realizando unha comparación coa novela.
   Polo momento, a que máis está gustando é a de 1996 posto que a do ano 97 resulta moi teatral (segundo as opinións do grupo dos lectómanos) e a de 2011 parécelles máis difícil de entender polos constantes flash-backs. 
   A serie de 1883 da BBC a estamos empregando para comparar só algunhas escenas puntuais e como exemplo de ritmo máis lento na narración dos feitos. 
   A versión de 1944 serviunos tamén para algunha escena moi concreta e para que os alumnos/as fosen conscientes da evolución que sufrira o cine dende esa época.
   Ó rematar a novela reflexionamos dun xeito máis profundo sobre ela levando a cabo unha serie de redaccións nas que se desenvolveron os temas que se recollen neste documento.

21 de maio de 2013

O home que prantaba árbores e o noso mural ecolóxico.

Este é o o noso grupo de lectura "Os Lectómanos".  No cal lemos e comentamos unha gran variedade de libros.
                                                                             


O próximo libro que imos ler é O home que prantaba árbores.                                                                           

Conta a historia dos esforzos dun 

pastor para convertir un desolado


 val preto dos Alpes, nun bosque  


durante a 1ª metade do século 


XX. 



Jean Giono era  francés. Naceu en 

Manosque en 
1995.  


Seu pai era un zapateiro anarquista de orixe 


italiano, que lía moito a Biblia. A súa nai tiña un taller de 


planchadoras.  Jean Giono morreu en 
1970. Esta é unha


actividade de comprensión que fixemos en relación ó libro.


                                                                               
 O noso mural é ecolóxico, como as ideas que defende 

este libro, xa que está feito case todo con cousas 

recicladas. Baséase na historia e nas paisaxes da zona 

onde vivimos: os montes, pazos, petroglifos... etc                                                                                  


5 de abr. de 2013

Hercules

This is the story of Hercules. He is the son of princess Alcmene and Zeus, the King of Gods. Everybody notices that Hercules is a very strong baby, but the godess Hera, who is Zeus's wife, is not happy with him, she is jealous. When Hercules is young, he goes to the hills, and there he is happy. He marries princess Megara, King Creon of Thebes' daughter, and then they have three children. One day, Hera sends a black cloud to Hercules' head and he kills his wife and sons. Then king Creon sent him to King Euristheus, who asks him to make twelve tasks so the Gods can forgive his crime. 
Task 1: Hercules go to Nemea and kill a huge lion there. Hercules can't kill the lion with his arrows or his sword, so he kills it with his hands, then he puts the lion's skin over his head and back, so when he wear that skin, no swords or arrows can kill him. 
Task 2: Hercules and Iolaus have to kill the Hydra which lives in the lake of Lerna, to do that, Hercules has to cut its seven heads off while Iolaus burns the stumps inmediatly, or a new head would grow from the stump. 
Task 3: Hercules has to find the godess Artemis's golden deer and bring it to palace. The deer runs faster than any arrow, so hercules has to run for a year and a day after the golden deer to chase it, once he catched it he goes to the palace with the deer, he puts it in front of the king, but before the king can take the deer, it rubs away. 
Task 4: Hercules has to go into the mountains and catch a big wild boar and bring back alive.

1 de feb. de 2013

La Dama del Alba e o grupo dos lectómanos


Ola: 
somos un dos mini clubs de lectura do IES Terra de Turonio. O noso club chámase os "Lectómanos" e nestes momentos estamos lendo: La Dama de Alba, o seu autor é Alejandro Casona.


La dama del alba é una obra de teatro escrita por  Alejandro Casona. É un drama no que a Morte personificada é o personaxe principal. Ten lugar nunha pequena vila española do Principado de Asturias. 



Escena da obra inventada por nós (a autora é Mary):


(Llegada la noche, todos están en la fiesta tomando algo en el bar).

-MADRE: Como te pareces a mi hija Angélica, Adela, hay veces que me da la sensación que eres ella.

-ADELA: Deba de ser una chica estupenda, ya que no hay nada malo en todo lo que me contasteis de ella y me encantaría poder conocerla en persona.
-ABUELO: Venga mujer, hoy es un día de fiesta para estar contentos y no recordar malos momentos que nos entristecen a todos.
-ADELA: Disculparme un momento, me voy a retirar diez minutos que tengo que ir a casa que me olvidé la chaqueta y ahora empieza a refrescar.

(Cuando ya está en casa dirigiéndose a su cuarto, escucha ruido  entonces se acerca lentamente hacia la habitación sin que la miren. Para su sorpresa es Martín hablando con una mujer.)


-MARTÍN: (sorprendido) ¿ Dónde has estado durante todo el tiempo?  Cómo conseguiste salir del río?
-ANGÉLICA: Por favor Martín dame tiempo para aclararme yo mismo y así poder explicaros las cosas.
-MARTÍN: Cuanto más tiempo quieres, llevas más de cuatro años sin dar señales de vida mientras que nosotros pensamos que estabas muerta.

30 de xan. de 2013

Novo comezo


Comeza unha nova andadura cos Mini-Clubs de lectura. Así pois, imos ter varios grupos
  • un mini-club de Inglés, onde se vai ler e comentar nesta lingua, The Canteville Ghost
  • un mini-club de francés
  • outro no que se lerán textos relacionados coa astronomía en formato dixital e que nunha actividade futura encherá a biblioteca de estrelas, 
  • outro no que se está lendo textos teatrais, concretamente, La casa de Bernarda Alba, de Lorca, e La dama del alba, de Casona 
  • e outro que traballará as relacións entre literatura e cine coa monumental obra de Charlotte Brönte, Jane Eyre. Todo rematará cun concurso e interesantes premios inspirado nas obras que se van ler.  
Teredes máis noticias neste mesmo lugar. Saúdos.

13 de xuño de 2012

O FOGUETE: ORIXE E CONSTRUCIÓN

Sabido é de todo o mundo que Tintín foi á Lúa e volveu.
O que non sabe moita xente  é que no seu regreso á Terra os precisos instrumentos de navegación deseñados polo profesor Tornasol fallaron, e o foguete espichouse nunhas pedras do Galiñeiro.

Tintín, Milú,o capitán Haddock, o profesor Tornasol e o seu enxeñeiro adxunto Frank Wolf, saíron milagrosamente airosos da aterraxe para  seguir deleitándonos coas súas aventuras, pero do foguete non quedou nin rastro.

Anos despois, un entusiasta grupo   do IES 

Terra de Turonio, unidos en torno a un club de lectura, decidiu facer unha réplica exacta do famoso foguete, pois estaban a traballar o tema dos animais e as viaxes na literatura e certamente Milú é un can viaxeiro.

 Consultadas diversas fontes, e analizados os planos, amablemente cedidos polo profesor Tornasol, este audaz grupo acomete a construción aproveitando os poucos momentos que as obrigas escolares lles deixan. A tarefa dura dous cursos completos, pero ao cabo, velaí o resultado. Nas imaxes  podedes ver todo o proceso.


Veredes que a materia prima utilizada  é maiormente o cartón, que ben manipulado polas mans expertas deste singular equipo de enxeñeiras e técnicos, adquire propiedades que o fan apto para a navegación espacial. A NASA xa está interesada no asunto.

Como podedes apreciar na vitrina, numerosos fabricantes teñen feito reproducións de todo tipo de obxectos e personaxes das Aventuras de Tintín,
pero nada que ver coa calidade das manufacturas de Terra de Turonio, aquí representadas neste foguete.


Pero se queredes saber máis cousas das aventuras de Milú, Tintín e os seus compañeiros o mellor será que, ademais de ler e reler algúns títulos, faledes con Nacho.


Si, o profe de Galego. O sabe todo acerca das Aventuras de Tintín e do seu autor Hergé.
E ademais é quen, moi amablemente, nos mostra esta preciosa colección de obxectos.Grazas.

12 de xuño de 2012

O FOGUETE... POR FIN !

Rematamos o foguete, e con tal motivo, fixemos unha pequena exposición sobre os cómics das Aventuras de Tintín.
Nela, ademais do foguete e unha presentación onde se explica a súa orixe e construción, podiamos contemplar unha magnífica mostra de cómics de Tintín en varios idiomas, acompañados por unhas preciosas reproducións a escala dos coches que neles aparecían, colección cedida por Nacho, profe de Galego do centro e gran entusiasta de Milú e os seus compañeiros.


GAÑADORAS DO CONCURSO



E as gañadoras foron Noa, Eva e Belén. Noraboa !