24 de out. de 2017
16 de out. de 2017
Hoxe na biblioteca: Obradoiro de inquedanzas "Arde a nosa terra"
Hoxe, os rapaces e as rapazas de Gondomar necesitaban falar e exteriorizar os seus sentimentos sobre os feitos tan graves que veñen de sufrir cos incendios que cercaron as súas vilas: o medo por ver arder as os seus fogares, a xenreira polo sufrimento da xente intentando sofocar as chamas, a magoa e a impotencia polos animais que non poideron salvar...
Estes son os debuxos das árbores que non verán medrar porque se perderon para sempre no lume. Dentro de esas árbores están os sentimentos dos nosos nenos e nenas nestes días de loito no que arde a nosa terra, #ardeGalicia.
Esta é a nosa particular homenaxe neste día tan triste.
Autora da imaxe: C. Brea Lodeiro co alumnado do centro. |
Estes son os debuxos das árbores que non verán medrar porque se perderon para sempre no lume. Dentro de esas árbores están os sentimentos dos nosos nenos e nenas nestes días de loito no que arde a nosa terra, #ardeGalicia.
Esta é a nosa particular homenaxe neste día tan triste.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)