30 de xan. de 2013

Novo comezo


Comeza unha nova andadura cos Mini-Clubs de lectura. Así pois, imos ter varios grupos
  • un mini-club de Inglés, onde se vai ler e comentar nesta lingua, The Canteville Ghost
  • un mini-club de francés
  • outro no que se lerán textos relacionados coa astronomía en formato dixital e que nunha actividade futura encherá a biblioteca de estrelas, 
  • outro no que se está lendo textos teatrais, concretamente, La casa de Bernarda Alba, de Lorca, e La dama del alba, de Casona 
  • e outro que traballará as relacións entre literatura e cine coa monumental obra de Charlotte Brönte, Jane Eyre. Todo rematará cun concurso e interesantes premios inspirado nas obras que se van ler.  
Teredes máis noticias neste mesmo lugar. Saúdos.