20 de xuño de 2022
3 de maio de 2022
Actividades do Día do Libro 23 de abril e do 14 de febreiro: desmitificando o amor romántico. E novidades lectoras expostas no corredor
Compartimos as últimas actividades realizadas en Biblioturonia e tamén publicadas na nosa conta de Tik Tok e Twitter. Esperamos que sexan do voso gusto.
— Biblioturonia (@biblioturonia) May 3, 2022
Novidades lectoras en #Biblioturonia! #TikTok https://t.co/Bt5OZWgCVx
— Biblioturonia (@biblioturonia) March 22, 2022
Desmitificando o #14defebrero amor romántico creamos este mural no IES Terra de Turonio pic.twitter.com/4g7LjWTEL4
— Biblioturonia (@biblioturonia) February 14, 2022
13 de xan. de 2022
Persoas gañadoras do concurso de microrrelatos de misterio
Aínda que as gañadoras do concurso de microrrelatos polo Samaín xa o souberon antes do Nadal, é agora cando tivemos tempo para dalo a coñecer no noso blog.
Noraboa a todas as gañadoras!!!
Primeiro ciclo:
Gañadora: Uxía Quintas Pérez de 1º C polo microrrelato: “A miña muller deu a volta”.
Accésit: Aroa Araújo Fernández de 1º A polo microrrelato: “A miña nai”.
Segundo ciclo:
Gañadora: Uxía Carrera Bastos polo microrrelato: “Arrecendo a gasolina”.
Accésit: Tania Buj Salgueiro polo microrrelato: “Nota mental”.
MICRORRELATOS GAÑADORES
1º CICLO
Uxía Quintas Pérez de 1º C “A miña muller deu a volta”.
A miña muller deu a volta e sacudiume o ombreiro: ”E o teu turno de alimentar ao bebé” Suspirando, levanteime da cama, saín da casa, entrei no celeiro e lancei outro tenreiro ao abismo ao seu.
Aroa Araújo Fernández de 1º A polo microrrelato: “A miña nai”.
A miña nai está contenta, pero distante á vez. Está triste e soa nun recuncho da nosa casa, nunha habitación ás escuras, con só un raio de luz que entra pola porta aberta. Ten a súa mellor amiga, a súa boneca Anna, coas súas grandes trenzas vermellas e a seu camisón azul, con puntos verdes. Quixera dicirlle que está morta, pero non o crerá, porque é unha idiotez.
2º CICLO
Primeiro premio: “Arrecende a gasolina”, Uxía Carrera Bastos
Arrecende a gasolina Estou nunha casa abandonada. Arrecende a gasolina. Entro e vexo a alguén, é o culpable dese cheiro. Está a queimar un corpo que me resulta moi familiar. Teño tanto medo que paralízome, el fuxe e nin se decata da miña presenza. Xírome e cando miro ao espello ninguén me devolve a mirada.
Accésit: “Nota mental”, Tania Buj Salgueiro.
Corrín. Seguín correndo. Seguín. Seguín e seguín. Que mas podería facer? Era iso ou morrer. Mirei ante o único que tiña en fronte mía: Escuridade, todo iso a vez que agarraba con forza o revolver gardado no peto esquerdo que, grazas os ceos, conseguín nunha casa abandonada fai dous o tres kilometros. Como cheguei aquí? O recordo mais recente que teño na mente e escapar durante varias horas. Non fixen nada, que saiba. Non molestei a ninguén, que saiba. E non coñezo a ninguén que queira acabar coa miña vida... que saiba. Parte do meu alento estaba rematando. A situación empeorou no momento que unha pedra interpúxose no camiño, deixando que a miña pel mesturarase coa terra e varios insectos. Daría o mundo enteiro para non xirar a cabeza e atoparme esa figura humanoide con roupas anchas e rotas. O suor corría na miña testa. A forte presión no pecho non axudaba moito. Quen tiña ante min levantou a aguzada arma, e aínda que non puiden ver os seus ollos, notaba unha gran carencia de alma. Da nada, un impulso veu o meu corpo, ese impulso de supervivencia que tes en situacións desesperadas. Antes de darme conta, a arma non tiña balas e varios cristais estaban polo chan. Acababa de disiparlle a un espello. Por fin puiden abrir os ollos. Nota mental: Comprara un espello novo. Nota mental 2: Non volver a matar a ninguén por aburrimento.
25 de out. de 2021
Celebramos o Día das escritoras e o Día das Bibliotecas en Biblioturonia
Realizamos exposicións nos corredores do centro coas creacións do alumnado de 1º ESO: Calendario coeducativo con datas sinaladas da vida e obra de escritoras e recomendacións lectoras a modo de Bookflix.
Imaxes da nosa exposición no corredor do centro no #DiaDeLasEscritoras pic.twitter.com/oW3pLFGlqp
— Biblioturonia (@biblioturonia) October 19, 2021
Celebramos o #DiadasBibliotecas pic.twitter.com/SXZxdpHW8M
— Biblioturonia (@biblioturonia) October 25, 2021
6 de out. de 2021
Comezamos! Actividades en Biblioturonia neste trimestre.
Ola!
Xa puxemos en marcha a hora lectora o pasado luns e as bibliotecas de aula coa seleccións de libros baseadas nos vosos gustos.
Podedes anotarvos ós clubs de lectura de diversas temáticas:
-Cun ollo no ceo: club de lectura de astronomía.
-Cinefilia: onde organizaremos un cine club relacionado coas lecturas realizadas.
-Club de Manga.
-Club de teatro.
-Grupo IDEAS pola Igualdade de Xénero e a visibilidade LGTBI con lecturas que fomenten estes valores.
Tamén estamos preparando unhas actividades terroríficas para o Samaín.
Anímate a pasar pola biblioteca para coñecer as novidades lectoras deste trimestre!
26 de xuño de 2021
9 de mar. de 2021
16 de nov. de 2020
25 novembro: Día internacional pola eliminación da violencia de xénero
Vaise achegando o 25 de novembro que se conmemora como o día internacional pola eliminación da violencia de xénero.
Este ano, coa problemática da pandemia non imos realizar ningún acto no centro que reúna ao alumnado, pero non queremos deixar pasar a data sen facer algunha actividade.O grupo de igualdade deseñou un concurso para todos: alumnado, profesorado e non docentes. Trátase dun concurso de microrrelatos (máximo 10 liñas e en calquera das cinco linguas do instituto) que teñan como tema xeral: A violencia de xénero.
Para participar hai que ir á aula virtual do centro, en Inicio do sitio, na categoría IDeAS atoparedes o concurso que é aberto a convidados. Entrégase o relato a través dun enlace a un formulario de Google.
Este mércores, na hora de titoría o alumnado entrará na aula virtual e escribirá o seu microrrelato. 1º e 2º de ESO farano cos seus ordenadores de EDIXGAL, 3º e 4º usarán os ordenadores abalar que teñen nos carros. (Entrega o titor ou titora un ordenador a cada alumno/a seguindo a numeración da lista coa numeración dos ordenadores. Cando rematen recollense e déixanse como estaban)
Contamos tamén coa participación de todo o profesorado
A eliminación da violencia é un asunto de todos e todas.
29 de out. de 2020
Escape room en Biblioturonia: Literatura de terror no Samaín
Completa el crucigrama que verás a continuación. La inicial de cada palabra se corresponde con un número. Siguiendo el orden que tienen las palabras en el crucigrama y realizando la equivalencia con los números obtendrás un código que abrirá la puerta de la biblioteca.
20 de out. de 2020
19 de outubro: Día das escritoras
#DíadelasEscritoras pic.twitter.com/3b89qtVC8r
— Biblioturonia (@biblioturonia) October 15, 2020
Compartimos esta presentación con datos curiosos de escritoras que realizou o IES Puerto de la Torre para visibilizar as dificultades que tiveron ó longo da historia.
Pulsando neste enlace tamén podedes atopar un vídeo coa exposición realizada na biblioteca sobre a obra dalgunhas escritoras.
#DíadelasEscritoras pic.twitter.com/3b89qtVC8r
— Biblioturonia (@biblioturonia) October 15, 2020 https://twitter.com/biblioturonia/status/1316725017019912192style="width: 100%;">22 de xuño de 2019
Análise da presenza das mulleres na prensa
5 de feb. de 2019
Desmontando San Valentín
O 14 de febreiro xa está moi preto e con el esa tradición de agasallos e exaltación do amor romántico (e tamén do consumismo).
Dende Biblioturonia e en colaboración co grupo de traballo "Igualdade violeta", formado por profesoras e alumnas deste centro, imos pór en práctica unha actividade en varios grupos:
Con esta actividade (descrita neste enlace) que chamaremos "Desmontando San Valentín: Os mitos tóxicos do amor romántico", trataremos de fomentar unha reflexión sobre os mitos do amor romántico que nos rodean (dos que non somos sempre moi conscientes) que son negativos ou tóxicos para todo aquel ou aquela que os interioriza e os leva a súas relacións afectivas
Por se non quedou moi claro cales son as características dunha relación tóxica incluimos esta guía sobre o Bo amor (enlace).
Despois da reflexión e o debate difundiremos as nosas conclusións en carteis que pegaremos por todo o centro.
A idea para realizar esta actividade foi tomada da páxina Iguala Extremadura, a quen lle temos que agradecer o seu importante labor de difusión de materiais relacionados coa igualdade e a coeducación.
Aquí (enlace) poderás atopar máis actividades interesantes.
Velaquí algunhas imaxes do resultado da actividade:
16 de xan. de 2019
Mujeres olvidadas por la historia: webs
Mujeres guerreras.
Mujeres olvidadas por la historia.
Mujeres luchadoras.
14 de xan. de 2019
Club de lectura: Agnes Cecilia, de María Gripe
Entra en los siguientes enlaces para poder responder a los cuestionarios sobre los diferentes capítulos:
1. Cuestionario del capítulo 14.
2. Cuestionario del capítulo 15.
2. Cuestionario del capítulo 16.
3. Cuestionario del capítulo 17.
4. Cuestionario del capítulo 18.
6. Cuestionario del capítulo 19.
7. Cuestionario del capítulo 20.
8.Cuestionario del capítulo 21.
9.Cuestionario del capítulo 22.
10.Cuestionario del capítulo 23.
11.Cuestionario del capítulo 24.
12.Cuestionario del capítulo 25.
11 de xan. de 2019
Club de lectura: "El jardín secreto" de Frances Hodgson Burnett.
1. Enlace a la novela El jardín secreto, de Frances Hodgson Burnett. Descárgate el archivo para poder leerlo cuando no tengas conexión a internet.
2. Enlace a los ejercicios online sobre la novela.
6 de nov. de 2018
Obradoiro de escritura creativa en Biblioturonia
Aquí temos algunhas das creacións literarias do noso obradoiro de escritura creativa.
Ante a cuestión de que pasaría se un/unha personaxe de ficción vivise na nosa época tivemos interesantes respostas.
Como este incidente protagonizado por don Quixote creado por Adrián, este outro por Lisa Simpson, creado por Noa, este por un personaxe dun videoxogo, realizado por Marcos. Máis relatos:
25 de xuño de 2018
Contos de fadas modernizados no noso Mini-Club de Lectura "Coas gafas violeta"
tivemos ocasión de crear un espazo para reunirnos, onde falar das nosas inquedanzas sobre a igualdade de xénero...
Creamos un espazo onde puidemos plasmar os resultados das nosas reflexións, un espazo tamén onde difundir todas estas ideas sobre a igualdade entre xéneros entre as nosas compañeiras e compañeiros do centro.
Neste Club de lectura traballamos algúns textos que resultaron ser do noso interese:
- Idiotizadas, de Raquel Córcoles (o primeiro capítulo, apto para menores) e
- Cuentos clásicos feministas, de Ángela Vallvey.
Grazas á lectura destes libros, puidemos entender dun xeito sinxelo os estereotipos sexistas que aínda nos rodean e que, por exemplo, os contos de fadas tradicionais reproducen. Por este motivo decidimos volver a escribilos pero dun xeito máis moderno.
O resultado foi moi bo: deixamos voar a nosa imaxinación e saíron heroínas "empoderadas" capaces de defender os seus dereitos e non se amoldan ó rol de princesa sumisa e fermosa que busca a dependencia e o matrimonio por encima de todo.
Velaquí algunhas das nosas creacións:
.jpg)


