20 de dec. de 2011

O DADOR

Non me gustou porque aburría. (Gael)

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

Gústame o libro porque trata do amor, pero se me fixo moi pesado. (Laura)

Este libro gustoume moito polas suas grandes e bonitas historias. ( Adrián)

As primeiras historias non me gustaron moito, pero as últimas son chulísimas. Para min a mellor é a última. (Eva)

A FILLA DO ESPANTALLO

O libro está ben, pero non é o que se di entretido. A idea está ben pero lle podían sacar mellor partido. (Sara)

Gustoume porque o de tirar tartas e bolas de neve encántame. E non me gustaría vivir nunha casa de acollida. (Jose Luis)

Gustoume o libro porque me pareceu unha historia moi bonita e entrañable.
(Mª Belén)

Gustoume porque está ambientado nun sitio interesante. E caeme moi ben Loella ! (Noa)




NO NADAL, UN LIBRO


EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE
Mark Haddon
Salamandra

NO NADAL, UN LIBRO


O MÁIS ESTRAÑO
Manuel Rivas
Xerais

NO NADAL, UN LIBRO


O ESPÍRITO DO CABALEIRO
Cornelia Funke
Xerais

NO NADAL, UN LIBRO


NON HAI NOITE TAN LONGA
Agustín Fernández paz
Xerais

NO NADAL, UN LIBRO


LOS DIARIOS DE ADÁN Y EVA
Mark Twain
Libros del zorro rojo

NO NADAL, UN LIBRO

LA VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO
Wolfgang Korn
Siruela

NO NADAL, UN LIBRO




EL BEBEDOR DE LÁGRIMAS

Ray Loriga
Alfaguara

NO NADAL, UN LIBRO.

CONTOS POR PALABRAS
Agustín Fernández Paz
Xerais














29 de nov. de 2011

A LINGUA SABE A PAN. QUE BONITO !

Os do Colexio Público integrado de Cea Virxe da Saleta fixeron un vídeo sobre o seu centro, a língua, o pan,... e de certo que lles quedou moi ben.

http://vimeo.com/31535420

22 de nov. de 2011

LIBROS PARA ESTE CURSO






Aquí temos os libros que leremos durante este curso. Faremos grupos porque non chegan para todo o mundo, pero de cara ao 3º trimestre, tentaremos ter un en común para todo o club.

5 de nov. de 2011

Non desaparecemos. Aquí estamos de novo.

E ademáis de non desaparecer, este curso somos unha chea de xente.

NoaSaraNuriaGaelJose LuisDavidMiguelGermánNicolásBelénEvaAdriánMelanieLorenzoJose ManuelPaulaLauraCarlaAttaDavidSusanaSergioAlexandroIriaSaraEstefaníaYerayNéstorJavierYasminaPatriciaCarinaNicolásAndreaSergioMintesYessica

Tod@s est@s e quizáis algúns máis xuntarémonos o mércores 9 de novembro para facernos coas primeiras lecturas.

9 de xuño de 2011

Rematou o xogo.




O mércores 8 de xuño, demos por rematado o xogo dos 14 enigmas. A gañadora do xogo, en lugar destacado, foi Susana que descifrou 8 enigmas, seguida por David Urgal con 2 e en terceiro lugar un empate entre Melanie e David con 1.

Aproveitando a entrega dos premios correspondentes, celebramos unha última reunión do Club de lectura, onde acordamos suspender as nosas actividades, para adicarnos de cheo ao fin de curso. Non fomos quen de rematar o foguete, pero comprometémonos a facelo nada máis comezar o novo curso.

Boas vacacións lectoras para todos e todas !

6 de xuño de 2011

ENIGMA 14

E con este enigma, rematamos a serie de 14.

PERSEO E A CABEZA DE MEDUSA

Perseo segou a cabeza do monstro chamado Medusa, que noutro tempo fora unha muller moi fermosa, cunha fouce con folla de diamante.

Dende logo, eu preferiría ter unha Fouce de ouro, pois sería máis barata e menos fráxil.

3 de xuño de 2011

ENIGMA 13

ULISES E O CABALO DE TROYA


Grazas a Ulises e ao seu cabalo de madeira, os gregos conquistaron finalmente Troya.

Quen non conquistaría Troya sería Mollie, a presumida egua branca que tiraba do carro do señor Jones. Pero unha egua parecida, de nome Luna pode axudar a resolver este enigma.

2 de xuño de 2011

ENIGMA 12

ORFEO NO INFERNO



Orfeo tiña unha voz clara como o cristal e doce coma o mel e acompañábase case sempre dunha lira.

O porco Maior tamén cantou a canción “Animais da nosa Terra” e fariades ben en ler con moita atención o que di o refrán desa canción.

1 de xuño de 2011

ENIGMA 11

O OURO DE MIDAS



Midas pediu como don que todo o que tocase se convertera en ouro. Pronto se decatou da súa estupidez pois non podía nin sequera comer nin beber, pois apenas tocaba o pan ou a auga, estes convertíanse en ouro.

Aos últimos donos de Buck, tampouco lles valeu de moito o ouro que atoparan nas terras do norte, cando os indios os mataron.

A lo menos o ouro serviu para por nome a unha cidade galega.

ENIGMA 10

O VOO DE ÍCARO



Ícaro comprendeu que os homes naceran para tocar a terra cos pés, cando caeu ao mar ao derreterlle o sol a cera que pegaba as súas ás.

Iso nunca lle pasaría a Moisés, o corvo manso de “A revolta dos animais”, pois as aves están perfectamente deseñadas para voar.

29 de maio de 2011

ENIGMA 9

Todos os enigmas se van resolvendo. Xa so nos quedan 6.

TESEO E O LABERINTO DE CRETA


Teseo serviuse dun fío para non perderse no labirinto e poder matar ao Minotauro, que como sabedes era un monstro con cabeza de touro e corpo de home e polo tanto tiña cornos, aínda que non tan grandes coma os do alce que matara Buck en “A chamada da selva”. Así que entre fíos e non fíos e cornos, anda a cousa.

26 de maio de 2011

ENIGMA 8

EDIPO E O ENIGMA DA ESFINXE

A Esfinxe era un monstro colosal con cabeza e torso de muller, patas de león, cola de serpe e enormes ás de aguia. Colocábase nun desfiladeiro do camiño de Tebas polo que a forza tiñan que pasar todos aqueles que ían visitar a cidade. No noso Instituto eu ben sei onde se colocaría a Esfinxe si quixera controlar a todos aqueles que pasean dándolle voltas.

ENIGMA 7

HÉRCULES E A HIDRA DE LERMA

Moitas veces salvou Hércules ao mundo dun serio perigo. Por exemplo ao acabar coa hidra do pantano de Lerna, que tiña 50 cabezas e un alento tan velenoso que secaba as colleitas e mataba a todo aquel que o respiraba. Ata 12 traballos deste tipo realizou Hércules.

Pero para nós, o número 12 ten un significado ben distinto. Ás 12 h. saímos ao recreo, e no recreo o que case todo o mundo fai...

24 de maio de 2011

ENIGMA 6

Parece que nos animamos. Todos os enigmas están resoltos agás o 3: Deucalión e Pirra. Que pedras serán esas...

A CAIXA DE PANDORA

Pandora non puido conter a súa curiosidade e abriu a caixa de ouro que lle dera Zeus, e ao facelo ceibou todas as desgracias que hoxe coñecemos.



No Instituto temos moitas caixas, grandes e pequenas, accesibles e inaccesibles. Ningunha de ouro pero tampouco ningunha encerra nada indesexable...

ENIGMA 5

O DESAFÍO DE ARACNE

Aracne era a mellor tecedora do reino de Lidia, famoso polos seus tecidos e pigmentos. Tan boa era que chegou a proclamar que era mellor que Atenea, deusa das fiandeiras e bordadoras.

Cando chegou aos ouvidos de Atenea tal cousa, retou a Aracne para ver quen tecía a tea máis fermosa. Atenea fixo un tapiz de seda e Aracne un velo de liño. O velo de liño era mellor e ademais insultaba cos seus dibuxos aos deuses.

Atenea, morta de envexa, transformou a Aracne nun animal que hoxe chamamos araña, e condenouna a tecer durante toda a súa vida e a alimentarse dos insectos que cazaba na súa tea.

22 de maio de 2011

ENIGMA 4

O RAPTO DE EUROPA


O máis poderoso dos deuses, Zeus, quedou fascinado pola beleza dunha moza chamada Europa. Para gañarse a confianza da muller, Zeus transformouse nun touro, raptou a Europa e levouna vivir a unha illa chamada Creta.


Pero que saibades que Zeus, ademais dun deus foi tamén unha afamada marca de bicicletas.

19 de maio de 2011

ENIGMA 3

DEUCALIÓN E PIRRA


Deucalión e Pirra crearon a segunda humanidade lanzando ás súas costas pedras das que nacían persoas. Se tivesen estado cos animais da “Revolta dos animais”, atoparían moito material para este labor alí onde construían o muíño. Quen sabe, ao mellor os porcos chegaban a un acordo con eles a pesar de seren humanos.

Dende logo si Deucalión e Pirra querían crear mulleres e homes grandes, por aquí cerca haberían atopar as pedras axeitadas.




A resolución do enigma 1 parece que se resiste. Seguimos co enigma 3.

ENIGMA 2

APOLO E DAFNE



Apolo burlouse do pequeno Eros (deus do amor) e do aínda máis cativo arco co que disparaba as súas frechas.

Eros, para vingarse, serviuse da arma que mellor coñecía: o amor.

Lanzou dúas frechas unha de ouro a Apolo para namoralo e a outra de ferro a Dafne para provocarlle o desamor.

En realidade as frechas serven para moitas cousas, por exemplo os yeehats as utilizaban para cazar e defenderse como puido comprobar Buck antes de converterse definitivamente en animal salvaxe.




O enigma 2 foi resolto deseguida por Susana. Non deu tempo nin a publicalo neste blog.