26 de set. de 2022

Escape room. Reto de lectura: Oceánicas. Pioneiras na oceanografía. Busca a información e resolve o encrucillado.

Os océanos están en perigo. Só un grupo de científicas pode salvalo. Necesitas un código para traelas a nosa época. 

Terás que responder ás cuestións do encrucillado para descubrir a palabra clave. A información para resolver o encrucillado a atoparás nesta ligazón ó libro Oceánicas.

Logo pulsa no cadeado para escribir a palabra clave.




Despois de ler o libro "Oceánicas" decidimos facer un programa de radio falando das científicas pioneiras no estudo científico dos océanos. Velaquí o resultado:

Comeza un novo curso con novidades lectoras en Biblioturonia e recomendacións de 1º ESO