Actores da versión fílmica de 2011 |
Polo momento, a que máis está gustando é a de 1996 posto que a do ano 97 resulta moi teatral (segundo as opinións do grupo dos lectómanos) e a de 2011 parécelles máis difícil de entender polos constantes flash-backs.
A serie de 1883 da BBC a estamos empregando para comparar só algunhas escenas puntuais e como exemplo de ritmo máis lento na narración dos feitos.
A versión de 1944 serviunos tamén para algunha escena moi concreta e para que os alumnos/as fosen conscientes da evolución que sufrira o cine dende esa época.
Ó rematar a novela reflexionamos dun xeito máis profundo sobre ela levando a cabo unha serie de redaccións nas que se desenvolveron os temas que se recollen neste documento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario