5 de feb. de 2019

Desmontando San Valentín


        O 14 de febreiro xa está moi preto e con el esa tradición de agasallos e exaltación do amor romántico (e tamén do consumismo). 

         Dende Biblioturonia e en colaboración co grupo de traballo "Igualdade violeta", formado por profesoras e alumnas deste centro, imos pór en práctica unha actividade en varios grupos:

        Con esta actividade (descrita neste enlace) que chamaremos "Desmontando San Valentín: Os mitos tóxicos do amor romántico", trataremos de fomentar unha reflexión sobre os mitos do amor romántico que nos rodean (dos que non somos sempre moi conscientes) que son negativos ou tóxicos para todo aquel ou aquela que os interioriza e os leva a súas relacións afectivas

        Por se non quedou moi claro cales son as características dunha relación tóxica incluimos esta guía sobre o Bo amor (enlace)
        
         Despois da reflexión e o debate difundiremos as nosas conclusións en carteis que pegaremos por todo o centro.

        A idea para realizar esta actividade foi tomada da páxina Iguala Extremadura, a quen lle temos que agradecer o seu importante labor de difusión de materiais relacionados coa igualdade e a coeducación.

        Aquí (enlace) poderás atopar máis actividades interesantes.

        Velaquí algunhas imaxes do resultado da actividade: