13 de xuño de 2012

O FOGUETE: ORIXE E CONSTRUCIÓN

Sabido é de todo o mundo que Tintín foi á Lúa e volveu.
O que non sabe moita xente  é que no seu regreso á Terra os precisos instrumentos de navegación deseñados polo profesor Tornasol fallaron, e o foguete espichouse nunhas pedras do Galiñeiro.

Tintín, Milú,o capitán Haddock, o profesor Tornasol e o seu enxeñeiro adxunto Frank Wolf, saíron milagrosamente airosos da aterraxe para  seguir deleitándonos coas súas aventuras, pero do foguete non quedou nin rastro.

Anos despois, un entusiasta grupo   do IES 

Terra de Turonio, unidos en torno a un club de lectura, decidiu facer unha réplica exacta do famoso foguete, pois estaban a traballar o tema dos animais e as viaxes na literatura e certamente Milú é un can viaxeiro.

 Consultadas diversas fontes, e analizados os planos, amablemente cedidos polo profesor Tornasol, este audaz grupo acomete a construción aproveitando os poucos momentos que as obrigas escolares lles deixan. A tarefa dura dous cursos completos, pero ao cabo, velaí o resultado. Nas imaxes  podedes ver todo o proceso.


Veredes que a materia prima utilizada  é maiormente o cartón, que ben manipulado polas mans expertas deste singular equipo de enxeñeiras e técnicos, adquire propiedades que o fan apto para a navegación espacial. A NASA xa está interesada no asunto.

Como podedes apreciar na vitrina, numerosos fabricantes teñen feito reproducións de todo tipo de obxectos e personaxes das Aventuras de Tintín,
pero nada que ver coa calidade das manufacturas de Terra de Turonio, aquí representadas neste foguete.


Pero se queredes saber máis cousas das aventuras de Milú, Tintín e os seus compañeiros o mellor será que, ademais de ler e reler algúns títulos, faledes con Nacho.


Si, o profe de Galego. O sabe todo acerca das Aventuras de Tintín e do seu autor Hergé.
E ademais é quen, moi amablemente, nos mostra esta preciosa colección de obxectos.Grazas.