21 de xuño de 2023

Exposición de infografías sobre neurociencia, xogo de cartas e investigación sobre científicas

 

Rematamos o curso coa exposición das infografías realizadas polo grupo de lectura sobre neurociencia despois de traballar os contidos do libro "A que cheiran as flores?".




Finalmente, despois de realizar unha investigación sobre mulleres científicas (que mostramos a continuación en forma de páxina web) desfrutamos do xogo de cartas resultado da mesma. 

As persoas gañadoras do xogo realizado na biblioteca puideron gozar dos vales para gastar na cafetaría do centro que foron o premio ó seu esforzo e pericia.








13 de xan. de 2023

Comezamos 2023 con novidades lectoras e un club de lectura (con escape room) sobre "Os nenos da varíola" de María Solar.

 Velaquí o vídeo que creamos coa exposición das novidades lectoras neste novo ano que comezamos e que podes ver no corredor do centro.


E finalmente, aquí tes o Escape Room sobre "Os nenos da varíola" de María Solar. Anímate a participar no club de lectura. Cando rematemos a súa lectura teremos ocasión de ver a película.