30 de nov. de 2016

Club de lectura virtual en Google +

       Hemos creado un club de lectura virtual en Google + llamado "Club de lectura Cova da Moura". Solicita ser miembro y participa con nosotros en la lectura de El guardián entre el centeno, de J. D. Salinger. 

     Accede a las lecturas propuestas, añade comentarios a las cuestiones que planteamos y dialoga con el resto de los participantes.


24 de nov. de 2016

¿Qué leen las/los jóvenes?

      En este documento compartido grupos de 1º y 2º nos cuentan qué están leyendo y por qué les gusta:

28 de out. de 2016

Novidades lectoras

Temos interesantes novidades para ler. Esta é a lista:

La bibliotecaria de Auschwitz, ITURBE, Antonio G.
O retrato de Dorian Gray, O. Wilde.
Historia de Galicia. A nosa historia, Pepe Carreiro.
Cuentos para jugar, Gianni Rodari.
Yo soy Malala, Malala Yousafzai.
Nada, Jane Teller.
El ladrón del tiempo, Boyne, John.
La cabaña del tío Tom, Harriet Beecher Stowe.
El palacio de la luna. Auster, Paul.
El brazalete mágico. Rueda, Rocío.
Demasiada felicidad, Alice Munro.
O carteiro de Bagdad,  Calveiro, Marcos.
Todo é silencio, Rivas, Manuel.
Morgana en Esmelle, Caamaño, Begoña.
O can dos Baskerville, Arthur Conan Doyle.
Cabalos e lobos, F. Lorenzo.
La lógica del vampiro, Adelaida García Morales..
El valle de los lobos, Laura Gallego García (trilogía).
Cordeluna, Elia Barcelo.
Arkadya, Sierra i Fabra, Santillana.
El trovador oscuro, Frabetti, Santillana.
La chica que patina y el tonto que la quiere, Andrés Guerrero, Santillana.
Ana y la Sibila, Sánchez-Escalonilla, Casals.
El último muerto, Lalana, Casals.
Caballo de batalla, Michael Morpurgo.
Giovanni y Lusanna, Gene Brucker.
Leonardo y Miguel Ángel, Stephanie Storey.
Hasday, el médico del califa, Carlos Aurensanz.

25 de out. de 2016

Novidades lectoras


        Estas son as novas adquisicións que temos en Biblioturonia á vosa disposición.

        El silencio de las sirenas, de Beatriz García. 

        E se as sereas, eses seres metade muller, metade peixe, existiran de verdade. Como serían? 

        Entrando neste libro poderás participar nunha aventura que é posible que che leve a coñecelas.


                        

Todo é silencio, Manuel Rivas. 

        O mundo das adiccións, os narcos, toda unha xeración de mozos e mozas que caeron vítimas do seu descoñecemento das consecuencias da inxesta de determinadas substancias... 

        Unha historia terrible novelada por Manuel Rivas sobre sucesos que ocorreron de verdade.




 Yo soy Malala, de Malala Yousafzai.

        Coñeces a Malala? Unha rapaza que non podía ir a escola porque no seu país estaba prohibido para as mulleres. Ela loitou polo que consideraba xusto arriscando a súa vida... 

        Queres coñecer a súa historia? Neste libro poderás vivila.





7 de out. de 2016

Comezo dun novo curso: enquisa lectora.


Resultado de imagen de creative commons lectura
http://www.latintimes.com/

       Comezamos un novo curso e dende a Cova da Moura estamos desexando coñecer os gustos e hábitos lectores dos/as recén chegados/as ó centro. 
     Para iso elaboramos unha enquisa lectora da que xa temos algúns resultados.
      Xa están listos os números de lector/a polo que xa podes pasar por Biblioturonia para realizar os préstamos que desexes.
      Anímate a respondela!


14 de xuño de 2016

VIAXE LITERARIO POR EUROPA.

Somos un grupo de 4º PDC que pretendemos realizar unha viaxe a través do libro de Andrea Maceiras: "Europa Express". Empregando a nosa imaxinación mostraremos como seria a nosa andadura por Europa se acompañaramos aos personaxes da novela. A historia que conta a autora a imos vivir de dous xeitos: a través da lectura e a través da nosa propia escritura posto que será unha prolongación da novela.

  Enlace ao blogue.

Viaxe literario por Europa

 

4 de maio de 2016

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

E para celebralo, preparamos un photocall na entrada do instituto onde cadaquén fixo gala de orixinalidade no posado. Retratos cos libros, cos amigos, cos libros amigos ou mesmo cos libros dos amigos.




Entre o profesorado, houbo intercambio de libros baixo o formato do amigo invisible. Quedamos tod@s moi content@s e felices cos títulos recibidos.


2 de abr. de 2016

2 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.



Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e as primeiras actividades específicas para este mes arredor do libro e a lectura aparecen arredor do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca  nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo pon a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes artistas.(Texto extraído do blog das Bibliotecas escolares da Xunta de Galicia).

9 de mar. de 2016

Les élèves de 4ème de l’ESO, créateurs de BD

Prenant comme modèles la BD française et galicienne, les élèves se sont mis à imaginer leur propre histoire en suivant les consignes indispensables pour l’élaboration d’ une BD.
On attend les résultats avec impatience!!






8 DE MARZO


12 de feb. de 2016

LIBROTEA

No diario EL PAÍS do 7 de febreiro podemos ler a nova do nacemento de LIBROTEA, “un espazo online que permite aos lectores compartir as súas recomendacións literarias, así como coñecer as de escritores, críticos literarios, ensaístas, blogueros e outros.

Librotea reivindica a figura de la libreira como recomendadora de libros, algo que co auxe das novas tecnoloxías e os novos hábitos de consumo estase a perder. Din que Librotea ten voz de muller, porque as mulleres len máis que os homes,...”

Se esta nova espertou o teu interese, mellor será que pinches no seguinte enlace para entrar directamente en: LIBROTEA

28 de xan. de 2016

CIENCIA EN MOVEMENTO

O pasado 20 de xaneiro, BIBLIOTURONIA encheuse de moitos e variados obxectos. Os andeis foron desprazados, as mesas, engalanadas e reordenadas, deron cabida a todo tipo de trebellos, que coas oportunas explicacións achegábannos ao mundo da ciencia.
Ciencia en movemento chamábase a exposición e tódolos grupos de 3º do Instituto pasaron por alí e abofé que saíron moi sabidos e contentos.