24 de feb. de 2015

DE CABALOS E CINE

Seguimos namorados dos cabalos; e dándolle continuidade ao noso xa histórico proxecto de CEIBES NO MONTE, tentamos especializar a nosa biblioteca nesta temática. Así, un grupo de mozas e mozos de 2º da ESO, animados pola súa titora veñen desenvolvendo un miniclub de lectura en torno ao cine e o cabalo. Neste momento están a ver War Horse, película de Steven Spilelberg onde un mozo e o seu cabalo loitan por sobrevivir na primeira gran guerra (1914-1918) e no que se pon de manifesto a importancia que este nobre animal tivo na contenda.



CALIGRAMAS

Pois aquí tendes algúns  caligramas.

 






23 de feb. de 2015

30 de xaneiro. DÍA DA PAZ .

En biblioturonia significamos o DÍA DA PAZ cun pequeno mural coa poesía de fondo. O alumnado de cuarto, animando pola súa profesora de Galego, deixounos algúns caligramas.




1 de feb. de 2015

OS BIBLIOCARROS

Velaí tendes os nosos bibliocarros. Levan connosco varios anos xa, pero acaban de seren tuneados para mellor cumprir coas súas obrigas e funcións: levar lectura exprés alí onde faga falta.

Que me pilla a LECTHORA de improviso: bibliocarro.
Que nunha garda non se nos ocorre outra: bibliocarro.
Que nos entran unhas ganas irreprimibles de... ler: bibliocarro.
Que estamos moi contentos (case sempre), pois bibliocarro.

En fin, que ademais de carros de vacas e de bólas, aquí en Gondomar tamén temos carros de libros.