23 de nov. de 2020

Clubs de lectura

      Sinala o club de lectura no que che gustaría participar no seguinte cuestionario.

     Durante calquera recreo podes pasar pola biblioteca para recoller o teu libro.

     A primeira reunión será este mércores, 25 de novembro, durante o recreo, na biblioteca. 

     Ó longo do curso, haberá xogos, premios e diversas actividades para o alumnado participante en calquera dos clubs. 

     Para calquera dúbida, pregunta na biblioteca.

16 de nov. de 2020

25 novembro: Día internacional pola eliminación da violencia de xénero

          Vaise achegando o 25 de novembro que se conmemora como o día internacional pola eliminación da violencia de xénero.

          Este ano, coa problemática da pandemia non imos realizar ningún acto no centro que reúna ao alumnado, pero non queremos deixar pasar a data sen facer algunha actividade.

          O grupo de igualdade deseñou un concurso para todos: alumnado, profesorado e non docentes. Trátase dun concurso de microrrelatos (máximo 10 liñas e en calquera das cinco linguas do instituto) que teñan como tema xeral: A violencia de xénero.

          Para participar hai que ir á aula virtual do centro, en Inicio do sitio,  na categoría IDeAS  atoparedes o concurso que é aberto a convidados. Entrégase o relato a través dun enlace a un formulario de Google.

          Este mércores, na hora de titoría o alumnado entrará na aula virtual e escribirá o seu microrrelato. 1º e 2º de ESO farano cos seus ordenadores de EDIXGAL, 3º e 4º usarán os ordenadores abalar que teñen nos carros. (Entrega o titor ou titora un ordenador a cada alumno/a seguindo a numeración da lista coa numeración dos ordenadores. Cando rematen recollense e déixanse como estaban)

          Contamos tamén coa participación de todo o profesorado


          A eliminación da violencia é un asunto de todos e todas.

          Participade !!!