Amosando publicacións coa etiqueta libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libro. Amosar todas as publicacións

22 de xuño de 2019

Textos do club de lectura Teatralizando "La casa de Bernarda Alba" transformados en "La casa de Bernardo Álvaro"

        Despois de ler, escenificar e comentar La casa de Bernarda Alba, de García Lorca, decidimos inventar outros finais pero introducindo algúns cambios. Os personaxes femininos pasaban a ser masculinos.

       Deste xeito, analizamos os roles que desempeñaban ambos xéneros e como esas ideas atópanse nas nosas mentes, por moito que algo se teña avanzado dende a época na que Lorca creou esta obra.

        No primeiro texto que creou o alumnado de xeito colaborativo podemos observar como os personaxes masculinos que forman parte da obra acaban cometendo violencia física.

        No segundo texto imos ver como se chega incluso a planificar un asasinato.

       No terceiro texto a violencia chega a un extremo máis intenso e monopoliza toda a acción.

       No cuarto texto a feminización dos personaxes masculinos condúceos á homosexualidade.

       E finalizamos con outro texto tamén con asasinato pero máis parecido ó da obra orixinal.

14 de xan. de 2019

Club de lectura: Agnes Cecilia, de María Gripe

Entra aquí para acceder a la novela. 
Entra en los siguientes enlaces para poder responder a los cuestionarios sobre los diferentes capítulos:
1. Cuestionario del capítulo 14. 
2. Cuestionario del capítulo 15.
2. Cuestionario del capítulo 16.
3. Cuestionario del capítulo 17.
4. Cuestionario del capítulo 18.
6. Cuestionario del capítulo 19.
7. Cuestionario del capítulo 20.
8.Cuestionario del capítulo 21.
9.Cuestionario del capítulo 22.
10.Cuestionario del capítulo 23.
11.Cuestionario del capítulo 24.
12.Cuestionario del capítulo 25.

11 de xan. de 2019

Club de lectura: "El jardín secreto" de Frances Hodgson Burnett.

          Vamos a iniciar la lectura y reflexión colectiva sobre otra obra literaria: El jardín secreto, de la autora Frances Hodgson Burnett. A continuación encontrarás los enlaces que necesitas para participar:

     1. Enlace a la novela El jardín secreto, de Frances Hodgson Burnett. Descárgate el archivo para poder leerlo cuando no tengas conexión a internet.

     2. Enlace a los ejercicios online sobre la novela.

25 de xuño de 2018

Contos de fadas modernizados no noso Mini-Club de Lectura "Coas gafas violeta"

     

        No noso Mini-Club de Lectura "Coas gafas violeta" 
tivemos ocasión de crear un espazo para reunirnos, onde falar das nosas inquedanzas sobre a igualdade de xénero... 


        Creamos un espazo onde puidemos plasmar os resultados das nosas reflexións, un espazo tamén onde difundir todas estas ideas sobre a igualdade entre xéneros entre as nosas compañeiras e compañeiros do centro.


        Neste Club de lectura traballamos algúns textos que resultaron ser do noso interese: 

- Idiotizadas, de Raquel Córcoles (o primeiro capítulo, apto para menores) e 

- Cuentos clásicos feministas, de Ángela Vallvey.


         Grazas á lectura destes libros, puidemos entender dun xeito sinxelo os estereotipos sexistas que aínda nos rodean e que, por exemplo, os contos de fadas tradicionais reproducen. Por este motivo decidimos volver a escribilos pero dun xeito máis moderno.



     O resultado foi moi bo: deixamos voar a nosa imaxinación e saíron heroínas "empoderadas" capaces de defender os seus dereitos e non se amoldan ó rol de princesa sumisa e fermosa que busca a dependencia e o matrimonio por encima de todo. 

      Velaquí algunhas das nosas creacións:











22 de mar. de 2017

Europa Express

     
     Europa Express, de Andrea Maceiras é a novela que estamos traballando no Club de Lectura. 

     Mentres viaxamos da man dos seus personaxes imaxinamos como sería se nós, como grupo, tamén fixéramos unha viaxe por Europa. 

     Decidimos visitar Londres, Suíza, Mónaco, Rusia e ir no Transiberiano, camiñar pola Acrópole e perdernos polas rúas de Roma. Nestes enlaces están as historias que imaxinaron as rapazas e os rapaces do grupo de 2º ESO.

24 de nov. de 2016

¿Qué leen las/los jóvenes?

      En este documento compartido grupos de 1º y 2º nos cuentan qué están leyendo y por qué les gusta:

26 de abr. de 2012

Outro dibuxo e outra opinión.

O home que plantaba árbores















 Gústame porque trata de coidar o medio ambiente. (Laura).

Un dibuxo e unha opinión.

O home que plantaba árbores.
Pareceume moi bonito e moi real, tratándose do medio natural. Tamén fala da xenerosidade e do respeto á Natureza. (Atta).

10 de xan. de 2012

LOS CAMINOS DEL MIEDO

Engancha bastante. Quizais ao principio dos catro relatos de medo nos que se divide o libro para alguén se alongue, pero é interesante e ten algo de misterio.
(Néstor).

20 de dec. de 2011

O DADOR

Non me gustou porque aburría. (Gael)

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

Gústame o libro porque trata do amor, pero se me fixo moi pesado. (Laura)

Este libro gustoume moito polas suas grandes e bonitas historias. ( Adrián)

As primeiras historias non me gustaron moito, pero as últimas son chulísimas. Para min a mellor é a última. (Eva)

A FILLA DO ESPANTALLO

O libro está ben, pero non é o que se di entretido. A idea está ben pero lle podían sacar mellor partido. (Sara)

Gustoume porque o de tirar tartas e bolas de neve encántame. E non me gustaría vivir nunha casa de acollida. (Jose Luis)

Gustoume o libro porque me pareceu unha historia moi bonita e entrañable.
(Mª Belén)

Gustoume porque está ambientado nun sitio interesante. E caeme moi ben Loella ! (Noa)




22 de nov. de 2011

LIBROS PARA ESTE CURSO






Aquí temos os libros que leremos durante este curso. Faremos grupos porque non chegan para todo o mundo, pero de cara ao 3º trimestre, tentaremos ter un en común para todo o club.

18 de xan. de 2011

LA LLAMADA DE LO SALVAJE.



Gustaríache ter un can como Buck ? Pensas que os cans poden ter pensamentos, lembranzas e sentimentos como os que se describen no libro? Os teus comentarios gústannos. Déixaos aquí.

MITOS GRIEGOS


Gustouche o libro? Que parte é para ti a máis interesante? Deixa aquí os teus comentarios.

A REVOLTA DOS ANIMAIS


Podemos facer aquí os comentarios sobre este libro.

27 de abr. de 2010

" O único que queda é o amor"


Continuamos con "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.
Este libro tamén consta de relatos breves. Esta vez, tratan sobre o amor. Os seus títulos son:

Un radiante silencio.
Amor de agosto.
Esta estraña lucidez
Unha historia de fantasmas.
Ríos da memoria.
Loanza da filatelia.
Unha foto na rúa.
Meditación ante o álbum de fotos familiar.
Despois de tantos anos.
Un río de palabras.

6 de abr. de 2010

"Un millón de vacas"




“Libros para vivir... do conto”. Este é o lema do presente curso. Para comezar eliximos Un millón de vacas (1989) de Manuel Rivas. Son dezaoito relatos breves titulados como segue:


Primeiro amor.

Meu curmán, o robot xigante.

O navegante solitario.

Unha partida co irlandés.

A estrada do cabalo coxo.

Un deses tipos que ven de lonxe.

O inglés.

Que non quede nada.

Os ollos da cabra non teñen bágoas.

Unha visita ao mercado.

Un millón de vacas.

Os fillos de Luc & Fer.

O muíño.

O artista de provincias.

O amigo Tom.

Campos de algodón.

O domingo.

Madonna (Conto de Nadal).