8 de mar. de 2018

8 de marzo: Club de poetas vivas Un poema de… Antía Otero

     Este 8 de marzo queremos compartir este poema de Antía Otero que fala do traballo, do traballo das mulleres, neste caso das costureiras, con contratos precarios, salarios de miseria, explotadas… mulleres que a todos eses padecementos suman outra(s) xornada(s): a do traballo doméstico, a da conciliación... E todo iso simbolizado no número dous, na dualidade, que tamén fai referencia a que adoito se nos coloca en segundo lugar.



6 de mar. de 2018

Traballamos o cómic

       Como estamos traballando o cómic en varios cursos empregando Pixton decidimos facer un concurso para evalualos. Imos votal cal é o que máis destaca nos seguintes aspectos:

- O mellor escrito (sen faltas de ortografía nin erros de puntuación).
- O máis orixinal, gracioso ou interesante en canto a historia que conta.
- O cómic no que está mellor conectado ou mellor relacionado o texto coas imaxes dos/as personaxes.

       Para votar entra no seguinte enlace e completa a enquisa puntuando de 1 a 5 os diferentes traballos.
   
 
 


 




Lecturas para o 8 de marzo: Día da muller traballadora