26 de maio de 2010

Preguntas: 7,8,9, 10

nº:7
Conto:Un radiante silencio.
Pregunta:Dinos algúns dos títulos dos libros nos que se atopaban as cartas.

nº:8
Conto:Unha foto na rúa.
Pregunta:Quen é Diana ?

nº:9
Conto:Loanza da filatelia.
Pregunta:Por que queimou a colección a súa muller?

Nº:10
Conto:Unha foto na rúa.
Pregunta:A onde vai Diana?

19 de maio de 2010

Preguntas 4, 5, 6

nº: 4
relato : Un millón de vacas.
Que se escoita pola radio?

nº:5
Relato:Unha foto na rúa:
Preguntas:Quen atopa as fotos?

nº:6
Relato:Loanza da filatelia.
Pregunta:Había algo de valor na colección ?

12 de maio de 2010

3 PRIMEIRAS PREGUNTAS

CONTOPREGUNTAS:
nº:1
Conto:
Un millón de vacas.
Por que vai realmente a vella no coche?

nº:2
Conto:
Un radiante silencio.
Quen lle deixa as cartas a Sara?


nº: 3
Conto:
Loanza da filatelia.
Que coleccionaba o protagonista?

Bases do concurso

Libros para
vivir do conto
“contopreguntas”
“contopreguntas”: BASES.
-Pode participar neste xogo todo o alumnado do centro.
-O xogo consiste en contestar a 10 preguntas nun impreso que colleredes en conserxería.
-Comeza o 12 de maio e remata o 2 de xuño.
-O impreso coas respostas debedes entregalo en conserxería ata o 2 de xuño.
-Podedes ler e consultar os libros en Biblioturonia, pero non podedes levalos para casa ata que remate o xogo.
-Haberá tres grandes premios para os tres primeiros clasificados segundo o número de respostas acertadas.
-O xurado decidirá que respostas son correctas e cales non e tomará as decisións pertinentes en caso de empate.
-O xurado estará composto polo alumnado do club de lectura “Cova da Moura” de Biblioturonia.
-Cada semana formularanse tres ou catro preguntas.
-As preguntas terédelas na porta de Biblioturonia, na aula virtual do Instituto e tamén aquí.

Presentación do concurso

No club de lectura cova da moura, este ano deunos por ler “libros para vivir do conto” e vos convocamos a participar nun xogo de preguntas sobre algúns relatos dos dous últimos libros que caeron nas nosas mans:

UN MILLÓN DE VACAS

de Manuel Rivas


O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR de Agustín Fernández Paz