Rematamos o foguete, e con tal motivo, fixemos unha pequena exposición sobre os cómics das Aventuras de Tintín.
Nela, ademais do
foguete e unha presentación onde se explica a súa orixe e
construción, podiamos contemplar unha magnífica mostra de cómics
de Tintín en varios idiomas, acompañados por unhas preciosas
reproducións a escala dos coches que neles aparecían, colección
cedida por Nacho, profe de Galego do centro e gran entusiasta de Milú
e os seus compañeiros.