27 de nov. de 2017

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero

     Nesta data tan sinalada, 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, dende Biblioturonia decidimos reflexionar sobre o machismo na sociedade na que vivimos e como a violencia exercida contra a muller e os/as fillos/as é unha consecuencia directa do mesmo. 

     Para iso, proxectamos o seguinte vídeo,




 unha caricatura algo antiga sobre os roles de xénero pero tristemente moi presente en moitos lugares ou fogares aínda, e profundamos nel a través do seguinte cuestionario.


     Ademais, proxectamos imaxes da conta de Twitter @micromachismos mostrando situacións de desigualdade da vida cotiá sobre as que moitas e moitos dos nosos/as alumnos/as opinaron nos seus blogs. Rubén, Alba, Luci, Fernando, Aitor...


     Finalizamos pondo e común experiencias personais relacionadas co machismo e realizando carteis para sensibilizar ao alumnado. Aí van algúns exemplos.

Celebramos o Samaín coas Lendas de Bécquer



     
     O 31 de outubro celebramos o Samaín no IES Terra de Turonio. 

     En Biblioturonia decidimos escoitar a dramatización da lenda de Bécquer "Os ollos verdesque se atopa en IVOOX  (enlace á actividade). 


     Despois, alumnas e alumnos inventaron unha serie de finais alternativos. Aquí están os resultados.














16 de out. de 2017

Hoxe na biblioteca: Obradoiro de inquedanzas "Arde a nosa terra"

      Hoxe, os rapaces e as rapazas de Gondomar necesitaban falar e exteriorizar os seus sentimentos sobre os feitos tan graves que veñen de sufrir cos incendios que cercaron as súas vilas: o medo por ver arder as os seus fogares, a xenreira polo sufrimento da xente intentando sofocar as chamas, a magoa e a impotencia polos animais que non poideron salvar...

Autora da imaxe: C. Brea Lodeiro co alumnado do centro.


      Estes son os debuxos das árbores que non verán medrar porque se perderon para sempre no lume. Dentro de esas árbores están os sentimentos dos nosos nenos e nenas nestes días de loito no que arde a nosa terra, #ardeGalicia


      Esta é a nosa particular homenaxe neste día tan triste.



















21 de set. de 2017

Novo Club de Lectura sobre as Lendas e as Rimas de Bécquer

     Inauguramos un novo club de lectura virtual sobre as Rimas e as lendas de Bécquer. 

      Poderás acceder entrando neste enlace. Para poder participar só necesitas unha conta de Google.

5 de xuño de 2017

Únete ó noso club de lectura virtual sobre La casa de Bernarda Alba

Entrando neste enlace accederás ó noso Club de Lectura Virtual sobre a obra de teatro de Federico García Lorca: La casa de Bernarda Alba. 
     Poderás acceder ó texto completo da obra e a cuestións para debater sobre el cos teus compañeiros/as. Anímate a participar!

18 de abr. de 2017

Obradoiro de cómics

     Comezamos o terceiro trimestre cun obradoiro de cómics con Pixton, unha ferramenta online que combina texto e imaxe. 

     Aquí están algunhas das creativas creacións do alumnado.