25 de xuño de 2019

Traballos sobre micromachismos do club de lectura "Coas gafas violeta"

        Despois de rematar o club "Coas gafas violeta" aquí están as exposicións que o alumnado do grupo levou polas aulas na hora de títoría para fomentar a reflexión sobre a desigualdade de xénero:

Finalizamos o club de lectura sobre Jane Eyre.

        Finalizamos o club de lectura dos "Cinéfilos" disfrutando da última versión cinematográfica de Jane Eyre de Charlotte Brontë.

        Despois de ler e comentar a novela ó longo de varios meses tivemos o gusto de comprobar como dúas das nosas alumnas participantes no club, Lía e Ana, profundaron na obra literaria e na biografía da súa autora. 

        A continuación, incluimos as presentacións coas que difundiron os seus coñecementos e invitaron a outros/as alumnos/as a coñecer esta obra e a esta xenial autora.




22 de xuño de 2019

Textos do club de lectura Teatralizando "La casa de Bernarda Alba" transformados en "La casa de Bernardo Álvaro"

        Despois de ler, escenificar e comentar La casa de Bernarda Alba, de García Lorca, decidimos inventar outros finais pero introducindo algúns cambios. Os personaxes femininos pasaban a ser masculinos.

       Deste xeito, analizamos os roles que desempeñaban ambos xéneros e como esas ideas atópanse nas nosas mentes, por moito que algo se teña avanzado dende a época na que Lorca creou esta obra.

        No primeiro texto que creou o alumnado de xeito colaborativo podemos observar como os personaxes masculinos que forman parte da obra acaban cometendo violencia física.

        No segundo texto imos ver como se chega incluso a planificar un asasinato.

       No terceiro texto a violencia chega a un extremo máis intenso e monopoliza toda a acción.

       No cuarto texto a feminización dos personaxes masculinos condúceos á homosexualidade.

       E finalizamos con outro texto tamén con asasinato pero máis parecido ó da obra orixinal.

Análise da presenza das mulleres na prensa

Creamos o seguinte cuestionario para fomentar a reflexión do alumnado sobre a escasa presenza das mulleres na prensa e o papel ó que é relegada. Despois analizamos e reflexionamos sobre as posibles causas. Velaquí os resultados: