24 de xuño de 2022
20 de xuño de 2022
14 de xuño de 2022
Visita da escritora máis querida do noso club de lectura: Sonia Mirón, asistencia á representación teatral de "La casa de Bernarda Alba", obradoiro de creación literaria (escenas teatrais) e lecturas debuxadas do noso alumnado
Fantástico encotro con @sonia_miron no Turonio: falamos de ler para vivir outras vidas. A rapazada puido coñecer a creadora de personaxes tan estimados coma os das súas novelas: “Si tú quieres”, “Un sol dentro de mí”, “Mi corazón en una caja de zapatos”. pic.twitter.com/aGNcDic8jQ
— Biblioturonia (@biblioturonia) May 12, 2022
Consellos lectores a través das lecturas debuxadas do noso alumnado dende #Biblioturonia pic.twitter.com/O8bQneMvzg
— Biblioturonia (@biblioturonia) June 1, 2022
O 25 de maio asistimos á representación teatral de "La casa de Bernarda Alba" coa compañía teatral Noite Bohemia e así culminamos exitosamente a lectura da obra e os obradoiros literarios realizados co noso alumnado nos que inventaron novas escena para este clásico da literatura.
3 de maio de 2022
Actividades do Día do Libro 23 de abril e do 14 de febreiro: desmitificando o amor romántico. E novidades lectoras expostas no corredor
Compartimos as últimas actividades realizadas en Biblioturonia e tamén publicadas na nosa conta de Tik Tok e Twitter. Esperamos que sexan do voso gusto.
— Biblioturonia (@biblioturonia) May 3, 2022
Novidades lectoras en #Biblioturonia! #TikTok https://t.co/Bt5OZWgCVx
— Biblioturonia (@biblioturonia) March 22, 2022
Desmitificando o #14defebrero amor romántico creamos este mural no IES Terra de Turonio pic.twitter.com/4g7LjWTEL4
— Biblioturonia (@biblioturonia) February 14, 2022
11 de feb. de 2022
Día da muller e a nena na ciencia: exposición, lecturas e traballos de investigación.
#WomenInScience #WomenInSTEM #DiaDeLaMujeryLaNinaEnLaCiencia Día de la mujer y la niña en la ciencia IES Terra de Turonio pic.twitter.com/RYo7uAihL2
— Biblioturonia (@biblioturonia) February 11, 2022
2 de feb. de 2022
13 de xan. de 2022
Actividades pola Igualdade de Xénero
No tempo que levamos de curso xa fixemos moitas actividades relacionadas coa Igualdade de Xénero (a aínda nos quedan moitas por facer). Aí van:
Dende o IES Terra de #Turonio traballamos a violencia de xenero no #25N de xeito transversal en moitas materias como en Plástica: pic.twitter.com/Q2rZkD9nRW
— Biblioturonia (@biblioturonia) November 23, 2021
Dende o IES Terra de #Turonio traballamos a violencia de xenero no #25N de xeito transversal en moitas materias como en Plástica: pic.twitter.com/Q2rZkD9nRW
— Biblioturonia (@biblioturonia) November 23, 2021
Persoas gañadoras do concurso de microrrelatos de misterio
Aínda que as gañadoras do concurso de microrrelatos polo Samaín xa o souberon antes do Nadal, é agora cando tivemos tempo para dalo a coñecer no noso blog.
Noraboa a todas as gañadoras!!!
Primeiro ciclo:
Gañadora: Uxía Quintas Pérez de 1º C polo microrrelato: “A miña muller deu a volta”.
Accésit: Aroa Araújo Fernández de 1º A polo microrrelato: “A miña nai”.
Segundo ciclo:
Gañadora: Uxía Carrera Bastos polo microrrelato: “Arrecendo a gasolina”.
Accésit: Tania Buj Salgueiro polo microrrelato: “Nota mental”.
MICRORRELATOS GAÑADORES
1º CICLO
Uxía Quintas Pérez de 1º C “A miña muller deu a volta”.
A miña muller deu a volta e sacudiume o ombreiro: ”E o teu turno de alimentar ao bebé” Suspirando, levanteime da cama, saín da casa, entrei no celeiro e lancei outro tenreiro ao abismo ao seu.
Aroa Araújo Fernández de 1º A polo microrrelato: “A miña nai”.
A miña nai está contenta, pero distante á vez. Está triste e soa nun recuncho da nosa casa, nunha habitación ás escuras, con só un raio de luz que entra pola porta aberta. Ten a súa mellor amiga, a súa boneca Anna, coas súas grandes trenzas vermellas e a seu camisón azul, con puntos verdes. Quixera dicirlle que está morta, pero non o crerá, porque é unha idiotez.
2º CICLO
Primeiro premio: “Arrecende a gasolina”, Uxía Carrera Bastos
Arrecende a gasolina Estou nunha casa abandonada. Arrecende a gasolina. Entro e vexo a alguén, é o culpable dese cheiro. Está a queimar un corpo que me resulta moi familiar. Teño tanto medo que paralízome, el fuxe e nin se decata da miña presenza. Xírome e cando miro ao espello ninguén me devolve a mirada.
Accésit: “Nota mental”, Tania Buj Salgueiro.
Corrín. Seguín correndo. Seguín. Seguín e seguín. Que mas podería facer? Era iso ou morrer. Mirei ante o único que tiña en fronte mía: Escuridade, todo iso a vez que agarraba con forza o revolver gardado no peto esquerdo que, grazas os ceos, conseguín nunha casa abandonada fai dous o tres kilometros. Como cheguei aquí? O recordo mais recente que teño na mente e escapar durante varias horas. Non fixen nada, que saiba. Non molestei a ninguén, que saiba. E non coñezo a ninguén que queira acabar coa miña vida... que saiba. Parte do meu alento estaba rematando. A situación empeorou no momento que unha pedra interpúxose no camiño, deixando que a miña pel mesturarase coa terra e varios insectos. Daría o mundo enteiro para non xirar a cabeza e atoparme esa figura humanoide con roupas anchas e rotas. O suor corría na miña testa. A forte presión no pecho non axudaba moito. Quen tiña ante min levantou a aguzada arma, e aínda que non puiden ver os seus ollos, notaba unha gran carencia de alma. Da nada, un impulso veu o meu corpo, ese impulso de supervivencia que tes en situacións desesperadas. Antes de darme conta, a arma non tiña balas e varios cristais estaban polo chan. Acababa de disiparlle a un espello. Por fin puiden abrir os ollos. Nota mental: Comprara un espello novo. Nota mental 2: Non volver a matar a ninguén por aburrimento.
3 de nov. de 2021
Escape Room: "Un puente hacia Terabithia" y otras actividades
Cuestionario final sobre "Un puente hacia Tetabithia" (Ligazón).
Cuestións que comentamos sobre os capítulos da novela: preme nesta ligazón.
Obradoiro de creación literaria: como sería o noso mundo ideal? Tal e como os protagonistas imaxinaron un mundo fantástico no que evadirse dos seus problemas nós imos crear o noso. Preme nesta ligazón e poderás ver a nosas creacións literarias.
Introducción ao escape room da lectura do club:
“Un puente hacia Terabithia”. pic.twitter.com/NnC9HwnijU
— Biblioturonia (@biblioturonia) November 4, 2021
Ligazón á lectura "Un puente hacia Terabithia"