1 de feb. de 2013

La Dama del Alba e o grupo dos lectómanos


Ola: 
somos un dos mini clubs de lectura do IES Terra de Turonio. O noso club chámase os "Lectómanos" e nestes momentos estamos lendo: La Dama de Alba, o seu autor é Alejandro Casona.


La dama del alba é una obra de teatro escrita por  Alejandro Casona. É un drama no que a Morte personificada é o personaxe principal. Ten lugar nunha pequena vila española do Principado de Asturias. 



Escena da obra inventada por nós (a autora é Mary):


(Llegada la noche, todos están en la fiesta tomando algo en el bar).

-MADRE: Como te pareces a mi hija Angélica, Adela, hay veces que me da la sensación que eres ella.

-ADELA: Deba de ser una chica estupenda, ya que no hay nada malo en todo lo que me contasteis de ella y me encantaría poder conocerla en persona.
-ABUELO: Venga mujer, hoy es un día de fiesta para estar contentos y no recordar malos momentos que nos entristecen a todos.
-ADELA: Disculparme un momento, me voy a retirar diez minutos que tengo que ir a casa que me olvidé la chaqueta y ahora empieza a refrescar.

(Cuando ya está en casa dirigiéndose a su cuarto, escucha ruido  entonces se acerca lentamente hacia la habitación sin que la miren. Para su sorpresa es Martín hablando con una mujer.)


-MARTÍN: (sorprendido) ¿ Dónde has estado durante todo el tiempo?  Cómo conseguiste salir del río?
-ANGÉLICA: Por favor Martín dame tiempo para aclararme yo mismo y así poder explicaros las cosas.
-MARTÍN: Cuanto más tiempo quieres, llevas más de cuatro años sin dar señales de vida mientras que nosotros pensamos que estabas muerta.

30 de xan. de 2013

Novo comezo


Comeza unha nova andadura cos Mini-Clubs de lectura. Así pois, imos ter varios grupos
  • un mini-club de Inglés, onde se vai ler e comentar nesta lingua, The Canteville Ghost
  • un mini-club de francés
  • outro no que se lerán textos relacionados coa astronomía en formato dixital e que nunha actividade futura encherá a biblioteca de estrelas, 
  • outro no que se está lendo textos teatrais, concretamente, La casa de Bernarda Alba, de Lorca, e La dama del alba, de Casona 
  • e outro que traballará as relacións entre literatura e cine coa monumental obra de Charlotte Brönte, Jane Eyre. Todo rematará cun concurso e interesantes premios inspirado nas obras que se van ler.  
Teredes máis noticias neste mesmo lugar. Saúdos.

13 de xuño de 2012

O FOGUETE: ORIXE E CONSTRUCIÓN

Sabido é de todo o mundo que Tintín foi á Lúa e volveu.
O que non sabe moita xente  é que no seu regreso á Terra os precisos instrumentos de navegación deseñados polo profesor Tornasol fallaron, e o foguete espichouse nunhas pedras do Galiñeiro.

Tintín, Milú,o capitán Haddock, o profesor Tornasol e o seu enxeñeiro adxunto Frank Wolf, saíron milagrosamente airosos da aterraxe para  seguir deleitándonos coas súas aventuras, pero do foguete non quedou nin rastro.

Anos despois, un entusiasta grupo   do IES 

Terra de Turonio, unidos en torno a un club de lectura, decidiu facer unha réplica exacta do famoso foguete, pois estaban a traballar o tema dos animais e as viaxes na literatura e certamente Milú é un can viaxeiro.

 Consultadas diversas fontes, e analizados os planos, amablemente cedidos polo profesor Tornasol, este audaz grupo acomete a construción aproveitando os poucos momentos que as obrigas escolares lles deixan. A tarefa dura dous cursos completos, pero ao cabo, velaí o resultado. Nas imaxes  podedes ver todo o proceso.


Veredes que a materia prima utilizada  é maiormente o cartón, que ben manipulado polas mans expertas deste singular equipo de enxeñeiras e técnicos, adquire propiedades que o fan apto para a navegación espacial. A NASA xa está interesada no asunto.

Como podedes apreciar na vitrina, numerosos fabricantes teñen feito reproducións de todo tipo de obxectos e personaxes das Aventuras de Tintín,
pero nada que ver coa calidade das manufacturas de Terra de Turonio, aquí representadas neste foguete.


Pero se queredes saber máis cousas das aventuras de Milú, Tintín e os seus compañeiros o mellor será que, ademais de ler e reler algúns títulos, faledes con Nacho.


Si, o profe de Galego. O sabe todo acerca das Aventuras de Tintín e do seu autor Hergé.
E ademais é quen, moi amablemente, nos mostra esta preciosa colección de obxectos.Grazas.

12 de xuño de 2012

O FOGUETE... POR FIN !

Rematamos o foguete, e con tal motivo, fixemos unha pequena exposición sobre os cómics das Aventuras de Tintín.
Nela, ademais do foguete e unha presentación onde se explica a súa orixe e construción, podiamos contemplar unha magnífica mostra de cómics de Tintín en varios idiomas, acompañados por unhas preciosas reproducións a escala dos coches que neles aparecían, colección cedida por Nacho, profe de Galego do centro e gran entusiasta de Milú e os seus compañeiros.


GAÑADORAS DO CONCURSO



E as gañadoras foron Noa, Eva e Belén. Noraboa !

27 de maio de 2012

Preguntas 7, 8, 9 e 10


Pregunta 7:

Que árbores plantaba Eleazar Bouffier ?


Pregunta 8:

E como se chamaban as árbores que tiña pensado plantar ?


Pregunta 9:

No libro dise que durante a guerra de 1939 os coches se propulsaban con gasóxeno e iso aumentaba a demanda de madeira. Pero que era o gasóxeno ?


Pregunta 10 (e última):

O libro conta que a aldea de Vergons sufriu unha gran transformación grazas ao traballo de Eleazar Bouffier.


Existe na realidade Vergons ? Onde está ?


20 de maio de 2012

Preguntas 4, 5 e 6


Question 4:

Dans la première page du livre, on parle de la lavande.

De quel couleur est la fleur de la lavande ?

(Vous devez répondre en français)


Question 5:

Dans le livre on parle aussi de la Guerre de 1939.

Par quel autre nom est-elle connue ?

(Vous devez répondre en français)


Question 6:

This book is about the war of 1914.

How is this war also called ?

(You must answer in English !)

12 de maio de 2012

Preguntas 1, 2 e 3


Pregunta nº 1:

De que nacionalidade é Jean Giono, o autor ? E arredor de que ano escribe este libro?



Pregunta nº 2:

Quen é Eleazar Bouffier ? Existiu na vida real ?


Pregunta nº 3:

Xa van aló uns corenta anos, fixen unha longa viaxe a pé por uns montes frecuentados pouco por turistas, situados nesa antiga rexión na que os Alpes penetran na Provenza....”

Como se chama hoxe oficialmente esta rexión francesa ?

8 de maio de 2012

XOGO (Comeza o luns 14 de maio)


XOGO: O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES

BIBLIOTURONIA, a través do seu club de lectura convoca un ano máis un xogo en base ao libro

  • O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES de Jean Giono

O xogo consiste na resposta a 10 preguntas. Todas elas estarán relacionadas co libro e o autor e para contestalas haberá que botar man do libro, de Internet, dos meus coñecementos en idiomas,...


REGRAS:

  • Poderán participar no xogo tod@s @s alumn@s do IES Terra de Turonio.
  • É un xogo individual.
  • As preguntas publicaranse na cristaleira de Biblioturonia e no blog: http://covadamouratt.blogspot.com/
  • Para contestar unha pregunta, debemos coller un impreso na cristaleira de Biblioturonia, poñer ben claro o meu nome e o número de pregunta e depositala na caixa de respostas.
  • Cada semana publicaranse 3 preguntas, que deberán ser contestadas na mesma semana.
  • O luns da semana seguinte retiraranse as respostas da semana anterior.
  • Gañará quen teña máis preguntas acertadas.
  • En caso de empate os membros do club de lectura tomarán as decisións oportunas.
  • Premios: Outorgaranse 3 premios a@s tres primeir@s clasificad@s:

1º premio: vale para libros de 50 €

2º premio: vale para libros de 30 €

3º premio: vale para libros de 20 €


participaparticipa participaparticipa

26 de abr. de 2012

Outro dibuxo e outra opinión.

O home que plantaba árbores















 Gústame porque trata de coidar o medio ambiente. (Laura).