XOGO:
O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES
BIBLIOTURONIA,
a través do seu club de lectura convoca un ano máis un xogo
en base ao libro
- O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES de Jean Giono
O
xogo consiste na resposta a 10 preguntas. Todas elas estarán
relacionadas co libro e o autor e para contestalas haberá que botar
man do libro, de Internet, dos meus coñecementos en idiomas,...
REGRAS:
- É un xogo individual.
- As preguntas publicaranse na cristaleira de Biblioturonia e no blog: http://covadamouratt.blogspot.com/
- Para contestar unha pregunta, debemos coller un impreso na cristaleira de Biblioturonia, poñer ben claro o meu nome e o número de pregunta e depositala na caixa de respostas.
- Cada semana publicaranse 3 preguntas, que deberán ser contestadas na mesma semana.
- O luns da semana seguinte retiraranse as respostas da semana anterior.
- Gañará quen teña máis preguntas acertadas.
- En caso de empate os membros do club de lectura tomarán as decisións oportunas.
- Premios: Outorgaranse 3 premios a@s tres primeir@s clasificad@s:
1º
premio: vale para libros de 50 €
2º
premio: vale para libros de 30 €
3º
premio: vale para libros de 20 €
participaparticipa
participaparticipa