6 de out. de 2021

Comezamos! Actividades en Biblioturonia neste trimestre.

 Ola!

Xa puxemos en marcha a hora lectora o pasado luns e as bibliotecas de aula coa seleccións de libros baseadas nos vosos gustos.


Podedes anotarvos ós clubs de lectura de diversas temáticas:

-Cun ollo no ceo: club de lectura de astronomía.

-Cinefilia: onde organizaremos un cine club relacionado coas lecturas realizadas.

-Club de Manga.

-Club de teatro.

-Grupo IDEAS pola Igualdade de Xénero e a visibilidade LGTBI con lecturas que fomenten estes valores.


Tamén estamos preparando unhas actividades terroríficas para o Samaín.


Anímate a pasar pola biblioteca para coñecer as novidades lectoras deste trimestre!

Ningún comentario:

Publicar un comentario