Despois de ler, escenificar e comentar
La casa de Bernarda Alba, de García Lorca, decidimos inventar outros finais pero introducindo algúns cambios. Os personaxes femininos pasaban a ser masculinos.
Deste xeito, analizamos os roles que desempeñaban ambos xéneros e como esas ideas atópanse nas nosas mentes, por moito que algo se teña avanzado dende a época na que Lorca creou esta obra.
No
primeiro texto que creou o alumnado de xeito colaborativo podemos observar como os personaxes masculinos que forman parte da obra acaban cometendo violencia física.
No
segundo texto imos ver como se chega incluso a planificar un asasinato.
No
terceiro texto a violencia chega a un extremo máis intenso e monopoliza toda a acción.
No
cuarto texto a feminización dos personaxes masculinos condúceos á homosexualidade.
E finalizamos con
outro texto tamén con asasinato pero máis parecido ó da obra orixinal.