Conmemoración do SAMAÍN Concurso de microrrelatos de misterio.
O equipo da Biblioteca convoca un certame de microrrelato de misterio para conmemorar o Samaín.
O certame rexerase polas seguintes BASES:
Poderá participar todo o alumnado do IES Terra de Turonio.
A participación no certame supón a aceptación destas bases.
Presentaranse en lingua galega.
Os microrrelatos terán unha extensión de entre 10 e 20 liñas e presentaranse a través dun enlace que estará dispoñíbel na aula virtual e no blog da biblioteca. A temática serán microrrelatos de misterio, medo, terror… os diferentes aspectos relacionados co Samaín e a celebración de Santos e Defuntos.
Cada participante presentará un microrrelato.
Establécense as seguintes categorías:
Alumnado de 1º ou 2º da ESO
Alumnado de 3º ou 4º da ESO
Establécense os seguintes premios en cada categoría:
1º premio dotado con cinco vales de 1€ para a cafetería.
Accésits dotados con vales para a cafetaría por un valor de 3 euros.
A data límite para a presentación dos relatos será o 8 de novembro de 2021 ás 23:59 h.
O xurado estará composto por profesorado as linguas do centro.
Os relatos premiados serán expostos no centro e publicados na web e nas redes sociais do centro.
O fallo do xurado será inapelable e farase público no taboleiro de en fronte á conserxería, na web do centro e no blog da biblioteca.
Se o xurado o considera, poderá quedar algún premio deserto. Calquera incidencia non prevista nestas bases será resolta polo xurado.