25 de out. de 2016

Novidades lectoras


        Estas son as novas adquisicións que temos en Biblioturonia á vosa disposición.

        El silencio de las sirenas, de Beatriz García. 

        E se as sereas, eses seres metade muller, metade peixe, existiran de verdade. Como serían? 

        Entrando neste libro poderás participar nunha aventura que é posible que che leve a coñecelas.


                        

Todo é silencio, Manuel Rivas. 

        O mundo das adiccións, os narcos, toda unha xeración de mozos e mozas que caeron vítimas do seu descoñecemento das consecuencias da inxesta de determinadas substancias... 

        Unha historia terrible novelada por Manuel Rivas sobre sucesos que ocorreron de verdade.




 Yo soy Malala, de Malala Yousafzai.

        Coñeces a Malala? Unha rapaza que non podía ir a escola porque no seu país estaba prohibido para as mulleres. Ela loitou polo que consideraba xusto arriscando a súa vida... 

        Queres coñecer a súa historia? Neste libro poderás vivila.





Ningún comentario:

Publicar un comentario