Libros para
vivir do conto
“contopreguntas”
“contopreguntas”: BASES.
-Pode participar neste xogo todo o alumnado do centro.
-O xogo consiste en contestar a 10 preguntas nun impreso que colleredes en conserxería.
-Comeza o 12 de maio e remata o 2 de xuño.
-O impreso coas respostas debedes entregalo en conserxería ata o 2 de xuño.
-Podedes ler e consultar os libros en Biblioturonia, pero non podedes levalos para casa ata que remate o xogo.
-Haberá tres grandes premios para os tres primeiros clasificados segundo o número de respostas acertadas.
-O xurado decidirá que respostas son correctas e cales non e tomará as decisións pertinentes en caso de empate.
-O xurado estará composto polo alumnado do club de lectura “Cova da Moura” de Biblioturonia.
-Cada semana formularanse tres ou catro preguntas.
-As preguntas terédelas na porta de Biblioturonia, na aula virtual do Instituto e tamén aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario