6 de abr. de 2010

"Un millón de vacas"




“Libros para vivir... do conto”. Este é o lema do presente curso. Para comezar eliximos Un millón de vacas (1989) de Manuel Rivas. Son dezaoito relatos breves titulados como segue:


Primeiro amor.

Meu curmán, o robot xigante.

O navegante solitario.

Unha partida co irlandés.

A estrada do cabalo coxo.

Un deses tipos que ven de lonxe.

O inglés.

Que non quede nada.

Os ollos da cabra non teñen bágoas.

Unha visita ao mercado.

Un millón de vacas.

Os fillos de Luc & Fer.

O muíño.

O artista de provincias.

O amigo Tom.

Campos de algodón.

O domingo.

Madonna (Conto de Nadal).


4 comentarios:

  1. A min o libro pareceume algo díficil de entender, pero hai capítulos interesantes.
    O conto que máis me gustou foi o de "Un millón de vacas" xa que a actitude da velliña encantoume.

    ResponderEliminar
  2. Concordo con Susana, non é un libro fácil de entender, pero con un pouco de esforzo se resolve todo. A verdade é que esperábame algo máis bo de Manuel Rivas, pero supoño que o que pasa é que non é un libro dos que unha está acostumada a ler. O meu conto favorito é "un millón de vacas", xa que fíxome moita graza.

    ResponderEliminar
  3. O capítulo que mais me gustou foi QUE NON QUEDE NADA porque nos conta como un pai non quere que o seu fillo utilice armas e o primeiro que fai o fillo co paraugas que lle regalou seu pai é uilizar o paraugas como arma de xoguete.

    ResponderEliminar
  4. A min o que máis me gustou foi "O amigo Tom", xa que conta como unha nena ten un amigo imaxinario e o seu pai fai todo o posible para que se esqueza del.

    ResponderEliminar