31 de maio de 2015
CLUB DE LECTURE EN FRANÇAIS
Le
groupe d'élèves du club de lecture ont fait un exercice de lecture
à haute voix et après beaucoup de répétitions leur professeur les
a encouragés à faire un enregistrement au studio de Radioturonio.
Quelles voix ! Quelle intonation ! Quelle prononciation ! Ils ont
mis une belle musique et...voilà le résultat.
Vous
pouvez écouter La belle au bois dormant et Le magicien d´Oz.
17 de maio de 2015
13 de maio de 2015
29 de abr. de 2015
EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO
Pois a coordinadora da actividade,
Sofía e o fotógrafo Lino cumpriron. Traballaron duro, e en tan só
unha sesión de clase foron quen de obter un cento de fotos, un cento
de lectores, un cento de libros, un cento de amigos, que colaboraron
entusiasmados para posar diante do obxectivo.
Despois, Laura e Jose penduráronos a
todos e velahí tedes o resultado.
24 de abr. de 2015
O Diario de Ana Frank: obradoiro de escritura creativa con 1º da ESO
Houbo creacións literarias moi interesantes das que incluimos enlaces (pois foron publicadas nos seus blogs).
Dende aquí podedes acceder á creación de Raquel, unha verdadeira escritora en cernes. Aquí atoparedes o de Lucía, outra Ana Frank dos nosos días. Esta é a de Marta, esta de Anxo, Nuria e esta da futura escritora Andrea. En breve engadiremos máis creacións literarias.
22 de abr. de 2015
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Mañá xoves 23 de abril é o día do libro, e dende o grupo de biblioteca propoñemos a seguinte actividade:
Ese día temos a Lecthora a 3ª hora. Pasarán polas clases a esa hora un fotógrafo (Lino) e unha coordinadora (Sofía), invitando a saír a aqueles que queiran para facerse unha foto de primeiro plano co libro que están lendo nese momento.
Baixo o lema, un
libro, un amigo, faremos
despois unha exposición con todas as fotos no corredor da
biblioteca.
5 de mar. de 2015
CienciaEnMovimiento
CienciaEnMovimiento
visita o noso centro, e presenta
a súa exposición interactiva na Biblioteca onde todo o alumnado de
3º e 4º da ESO experimenta con distintos materiais e aparellos
durante un par de horas.
Mª José Gil
e Jesús
Fernández creadores desta iniciativa animaron a exposición coas
súas incisivas preguntas e brillantes explicacións.
A
actividade foi organizada no Instituto polos departamentos de
Orientación e Física e química.
24 de feb. de 2015
DE CABALOS E CINE
Seguimos namorados dos
cabalos; e dándolle continuidade ao noso xa histórico proxecto de
CEIBES NO MONTE, tentamos especializar a nosa biblioteca nesta
temática. Así, un grupo de mozas e mozos de 2º da ESO, animados
pola súa titora veñen desenvolvendo un miniclub de lectura en torno
ao cine e o cabalo. Neste momento están a ver War Horse, película
de Steven Spilelberg onde un mozo e o seu cabalo loitan por
sobrevivir na primeira gran guerra (1914-1918) e no que se pon de
manifesto a importancia que este nobre animal tivo na contenda.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













