29 de mar. de 2011

PREPARANDO O PROGRAMA DE RADIO.


A nosa redacción ferve para poder ter o programa de radio listo para o vindeiro mércores 13 de abril. O tal era emitilo o día 23 de abril (Día internacional do libro), pero é que é sábado... e ademais estamos de vacacións así que...

ENTROIDO.


27 de feb. de 2011

Na sección "enlázate" atoparás aNobii. Unha nova rede social onde poderás compartir comentarios sobre os teus libros favoritos, facer a túa propia biblioteca e moitas cousas máis.

Todo o club construíndo o foguete.



14 de feb. de 2011

Comezou a construción do foguete.

Nas fotos podemos apreciar como as enxeñeiras do club ensamblan os primeiros módulos.











8 de feb. de 2011

BIBLIOTECA DE GALICIA





Dende o mes de xaneiro, está aberta ao público a Biblioteca de Galicia, na polémica e controvertida Cidade da Cultura de Galicia que se ergue no Monte Gaiás de Santiago de Compostela. O arquitecto de edificio tan grande é o norteamericano Peter Eisenman que nos deixou, entre outras cousas ese inmenso tobogán que vedes na foto. Ben merece unha visita por dentro e por fora.

2 de feb. de 2011

UN FOGUETE EN BIBLIOTURONIA.






Todos coñecemos esta imaxe. Por que sae hoxe no noso blog? Porque xa que estamos a leriar cos libros de animais e de viaxes, pensamos en animar un pouco Biblioturonia cunha reprodución do foguete de "Obxectivo: a Lúa" das Aventuras de Tintín de Hergé.


Consultados os planos para a construción no propio álbum de Hergé acordamos na reunión celebrada hoxe, mércores 2 de febreiro, simplificar o deseño e realizalo con materiais de desfeita: papel e cartón, que a pesar de ser inflamables, cumprirán o seu cometido porque non pensamos chegar á Lúa con el.


O tamaño tamén será menor que o representado na viñeta, e aínda así utilizaremos técnicas modulares de construción. Veremos se despega e aterra finalmente en Biblioturonia.

29 de xan. de 2011

Reunión mércores 19 de febreiro.


Pois efectivamente, xuntámonos as de 2º e 3º para preparar un programa de radio para emitir en Radioturonio. Como falaremos de libros e de lecturas, acordamos facelo para o Día do libro, o 23 de abril. Pero ese día estaremos de vacacións, así que as programadoras de Radioturonio reserváronnos o mércores 13 para a nosa emisión. Ahí estaremos.

18 de xan. de 2011

CONVOCATORIA MÉRCORES 19 DE XANEIRO

O vindeiro mércores 19 de xaneiro xuntarémonos as de segundo para comezar a preparar o programa de radio. Se algunha non pode que se poña en contacto coas demais.