Como estamos traballando o cómic en varios cursos empregando Pixton decidimos facer un concurso para evalualos. Imos votal cal é o que máis destaca nos seguintes aspectos:
- O mellor escrito (sen faltas de ortografía nin erros de puntuación).
- O máis orixinal, gracioso ou interesante en canto a historia que conta.
- O cómic no que está mellor conectado ou mellor relacionado o texto coas imaxes dos/as personaxes.
Para votar entra no seguinte enlace e completa a enquisa puntuando de 1 a 5 os diferentes traballos.
6 de mar. de 2018
1 de feb. de 2018
25 de xan. de 2018
Relatos para a igualdade: 100 comentarios machistas que temos que escoitar dende nenos/as.
Organizamos unha actividade a partir da famosa curtametraxe na que unha rapaza enumeraba tódalas frases machistas que tiña que aguantar dende nena: 100 comentarios machistas que temos que escoitar dende nenas.
A idea era elixir unha das frases coa que nos sentiramos máis identificados/as e a partir dela crear un relato breve.
Velaquí neste enlace algúns os interesantes resultados que darán lugar a unha exposición, acompañada de debuxos, e a un libro que repartiremos gratuitamente no centro, como xeito de sensibilizar á xente sobre os micromachismos cotidianos nos que ás veces se participa dun xeito máis ou menos inconsciente.

12 de xan. de 2018
20 de dec. de 2017
Que ler este Nadal? Xa estamos na Biblioteca!
Que ler este Nadal? Xa estamos na Biblioteca!
Anímate a ler!
29 de nov. de 2017
27 de nov. de 2017
25 de novembro: Día contra a violencia de xénero
Nesta data tan sinalada, 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, dende Biblioturonia decidimos reflexionar sobre o machismo na sociedade na que vivimos e como a violencia exercida contra a muller e os/as fillos/as é unha consecuencia directa do mesmo.
Para iso, proxectamos o seguinte vídeo,
unha caricatura algo antiga sobre os roles de xénero pero tristemente moi presente en moitos lugares ou fogares aínda, e profundamos nel a través do seguinte cuestionario.
Ademais, proxectamos imaxes da conta de Twitter @micromachismos mostrando situacións de desigualdade da vida cotiá sobre as que moitas e moitos dos nosos/as alumnos/as opinaron nos seus blogs. Rubén, Alba, Luci, Fernando, Aitor...
Finalizamos pondo e común experiencias personais relacionadas co machismo e realizando carteis para sensibilizar ao alumnado. Aí van algúns exemplos.

Celebramos o Samaín coas Lendas de Bécquer

O 31 de outubro celebramos o Samaín no IES Terra de Turonio.
En Biblioturonia decidimos escoitar a dramatización da lenda de Bécquer "Os ollos verdes" que se atopa en IVOOX (enlace á actividade).
Despois, alumnas e alumnos inventaron unha serie de finais alternativos. Aquí están os resultados.
24 de out. de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)