29 de abr. de 2015

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO

Pois a coordinadora da actividade, Sofía e o fotógrafo Lino cumpriron. Traballaron duro, e en tan só unha sesión de clase foron quen de obter un cento de fotos, un cento de lectores, un cento de libros, un cento de amigos, que colaboraron entusiasmados para posar diante do obxectivo.
Despois, Laura e Jose penduráronos a todos e velahí tedes o resultado.





24 de abr. de 2015

O Diario de Ana Frank: obradoiro de escritura creativa con 1º da ESO


Despois de ver un interesante documental sobre Ana Frank e ler o seu Diario fixemos que todos os alumnos e alumnas de 1ºESO probaran a sentirse como ela e ser quen de continuar o a súa historia. 
   Houbo creacións literarias moi interesantes das que incluimos enlaces (pois foron publicadas nos seus blogs). 
   Dende aquí podedes acceder á creación de Raquel, unha verdadeira escritora en cernes. Aquí atoparedes o de Lucía, outra Ana Frank dos nosos días. Esta é a de Marta, esta de Anxo, Nuria e esta da futura escritora Andrea. En breve engadiremos máis creacións literarias.


22 de abr. de 2015

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


Mañá xoves 23 de abril é o día do libro, e dende o grupo de biblioteca propoñemos a seguinte actividade:


Ese día temos a Lecthora a 3ª hora. Pasarán polas clases a esa hora un fotógrafo (Lino) e unha coordinadora (Sofía), invitando a saír a aqueles que queiran para facerse unha foto de primeiro plano co libro que están lendo nese momento.

Baixo o lema, un libro, un amigo, faremos despois unha exposición con todas as fotos no corredor da biblioteca.