Pincha aquí e verás as recomendacións para este Nadal de Biblioturonia.
20 de dec. de 2015
Deixounos Xosé Neira Vilas
Deixounos
Xosé Neira Vilas
Pepe Neira deixounos o pasado sábado, de mañanciña, en silencio, sen barullo, paseniñamente, pero quedan con nós Balbino, o Moncho, Lelo, Tomás, o Espantallo amigo, o Tío Ramón de Reborneda (anque moi velliño e non ten a ninguén, ten centos de amigos que lle queren ben)... Toda unha familia de personaxes, para nenos e grandes que levaban unha parte de como foi el: un tipo de aldea dacabalo coa universalidade, próximo, afable, amigable, sinxelo, agarimoso, rebelde, inconformista... aínda que el negaba a súa condición de “escritor”, o último gran mito das letras galegas.
Memorias dun neno labrego.
Xosé Neira Vilas escribiu as Memorias dun neno labrego en 1960 e publicounas por primeira vez na editorial que, xunto coa súa dona, Anisia Miranda, fundaran tres anos antes en Bos Aires: Follas Novas.
Logo chegarían outras moitas edicións, a venda de máis de 700 mil exemplares en galego, a tradución a case vinte idiomas (portugués, castelán, alemán, chinés, inglés, ruso, italiano, checo, francés,...), as adaptacións para o teatro, os audiolibros, as lecturas colectivas, as homenaxes... Avatares que converten as Memorias no libro galego de referencia no século XX: o máis vendido, o máis traducido e, sobre todo, o máis lido.
Memorias dun neno labrego conta as aventuras de Balbino (Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre). Balbino ten doce ou trece anos, vive en Gres nos anos corenta do século XX, e desde alí conta en primeira persoa como é a súa vida, como ten que sobrevivir á pobreza, ás inxustizas, á falta de futuro... ao feito de ser galego.
Aínda que en diferentes ocasións declarou que as memorias non son autobiográficas, si son produto da memoria de Neira Vilas e do que sempre foi, un rapazolo, pobre, que pasou os seus primeiros anos en Gres, no corazón de Galicia.
Memorias dun neno labrego.
Xosé Neira Vilas escribiu as Memorias dun neno labrego en 1960 e publicounas por primeira vez na editorial que, xunto coa súa dona, Anisia Miranda, fundaran tres anos antes en Bos Aires: Follas Novas.
Logo chegarían outras moitas edicións, a venda de máis de 700 mil exemplares en galego, a tradución a case vinte idiomas (portugués, castelán, alemán, chinés, inglés, ruso, italiano, checo, francés,...), as adaptacións para o teatro, os audiolibros, as lecturas colectivas, as homenaxes... Avatares que converten as Memorias no libro galego de referencia no século XX: o máis vendido, o máis traducido e, sobre todo, o máis lido.
Memorias dun neno labrego conta as aventuras de Balbino (Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre). Balbino ten doce ou trece anos, vive en Gres nos anos corenta do século XX, e desde alí conta en primeira persoa como é a súa vida, como ten que sobrevivir á pobreza, ás inxustizas, á falta de futuro... ao feito de ser galego.
Aínda que en diferentes ocasións declarou que as memorias non son autobiográficas, si son produto da memoria de Neira Vilas e do que sempre foi, un rapazolo, pobre, que pasou os seus primeiros anos en Gres, no corazón de Galicia.
3 de nov. de 2015
MÁIS LIBROS PARA ATREVERSE !!!
Aquí tendes as últimas
adquisicións de Biblioturonia. Búscaas na biblio nos andeis de
NOVIDADES e atrévete con calquera deles.
25 de out. de 2015
PRESENTACIÓN BIBLIOTURONIA
O profe Nacho ven de actualizar a presentación onde explica o funcionamento de Biblioturonia: como está organizada, como podemos saber onde está un libro, como consultar os fondos a través de Internet mediante Meiga,....Todo está alí.
Aquí tendes o enlace.
http://www.edu.xunta.es/centros/iesterradeturonio/system/files/presentacionBiblioFinal.pdf
Aquí tendes o enlace.
http://www.edu.xunta.es/centros/iesterradeturonio/system/files/presentacionBiblioFinal.pdf
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
Co novo curso xa lanzado e con motivo do Día da Biblioteca, propoñemos dende Biblioturonia unha campaña de achegamento da nosa biblioteca ás familias.
Baixo o lema achega
a biblioteca á túa casa, o alumnado pode levar en préstamo
un libro para calquera da casa.
Procedemento:
- Levas o libro ao teu nome.
- Faste responsable del.
- Dásllo á persoa elixida.
- Tráelo de volta no prazo.
Podedes
sorprendelos levándolle un título que pensas que será do seu
agrado ou tamén podedes consultar os fondos existentes a través do
programa Meiga na
Internet.
Como
?
Pois
o profe Nacho púxonolo ben doado: entrade no seguinte enlace da páxina web do instituto,
http://www.edu.xunta.es/centros/iesterradeturonio/system/files/presentacionBiblioFinal.pdf
Nesta presentación acerca do funcionamento da nosa biblioteca, hai un apartado adicado ao programa Meiga e alí está todo moi claro.
Nesta presentación acerca do funcionamento da nosa biblioteca, hai un apartado adicado ao programa Meiga e alí está todo moi claro.
9 de xuño de 2015
Romeo y Julieta
Pois desta, un grupo de primeiro da ESO, animad@s pola súa profesora de L. Castelá, Yolanda, atrevéronse cun clásico: Romeo y Julieta de William Shakespeare, eso si, en versión adaptada.
Comezaron por falar do xénero teatral: que sabían del, se foran algunha vez a unha representación, si participaran nalgunha función escolar....A partires de aí fixouse unha data para dar conta da lectura e poder así facer outras actividades.
Por grupos de tres, fixeron listas cos personaxes do drama separados en bandos,analizaron a estrutura dramática en actos e escenas, viron e comentaron outras adaptacións: contos, películas,.... Pero o que máis lles gustou foi a representación de escenas seleccionadas por eles mesmos, ás veces coa participación de máis dun grupo si o número de personaxes así o requiría.
Algo de vestiario e de atrezzo axudou a crear o ambiente adecuado.
2 de xuño de 2015
Lendo e vendo... Billy Elliot con 1º ESO
As/Os devoralibros de 1ºB |
A lectura colectiva da obra literaria serviu para profundar en aspectos como:
- A coeducación: deben ser as clases de danza só para rapazas e as de boxeo para rapaces? Desta reflexión saíu unha clase sobre o sexismo na linguaxe, unha redacción titulada Máis alá do azul e o rosa e un obradoiro de Contos de fadas ó revés (para destapar os estereotipos de xénero).
- Os dereitos de traballadores e traballadoras e a súa reivindicación nas folgas.
- A necesidade de ser capaz de mostrar a emocións ou sentimentos: educación emocional.
- Os problemas de saúde na terceira idade (en relación ós olvidos da avoa de Billy) e o respecto ós maiores e a necesidade de aprender das súas experiencias: en relación a isto cada alumno/a realizou un texto titulado: Homenaxe ó meu avó/avoa.
- A homosexualidade e a súa aceptación social. A redacción resultante titulouse: Este corpo non é o meu! Nela o alumnado imaxinaba como cambiaría a súa vida sendo rapaz ou rapaza.
- Carta ó meu futuro fillo/a (baseada na que a nai de Billy lle deixou)
- Soliloquio paterno/materno (inspirada polos pensamentos do pai de Billy)
- Aquelas marabillosas clases (imitando a descrición de na novela se fai das clases de ballet y de boxeo).
Os/as libroadictos de 1ºC |
neste blog algúns dos traballos.
31 de maio de 2015
CLUB DE LECTURE EN FRANÇAIS
Le
groupe d'élèves du club de lecture ont fait un exercice de lecture
à haute voix et après beaucoup de répétitions leur professeur les
a encouragés à faire un enregistrement au studio de Radioturonio.
Quelles voix ! Quelle intonation ! Quelle prononciation ! Ils ont
mis une belle musique et...voilà le résultat.
Vous
pouvez écouter La belle au bois dormant et Le magicien d´Oz.
17 de maio de 2015
13 de maio de 2015
29 de abr. de 2015
EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO
Pois a coordinadora da actividade,
Sofía e o fotógrafo Lino cumpriron. Traballaron duro, e en tan só
unha sesión de clase foron quen de obter un cento de fotos, un cento
de lectores, un cento de libros, un cento de amigos, que colaboraron
entusiasmados para posar diante do obxectivo.
Despois, Laura e Jose penduráronos a
todos e velahí tedes o resultado.
24 de abr. de 2015
O Diario de Ana Frank: obradoiro de escritura creativa con 1º da ESO
Houbo creacións literarias moi interesantes das que incluimos enlaces (pois foron publicadas nos seus blogs).
Dende aquí podedes acceder á creación de Raquel, unha verdadeira escritora en cernes. Aquí atoparedes o de Lucía, outra Ana Frank dos nosos días. Esta é a de Marta, esta de Anxo, Nuria e esta da futura escritora Andrea. En breve engadiremos máis creacións literarias.
22 de abr. de 2015
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Mañá xoves 23 de abril é o día do libro, e dende o grupo de biblioteca propoñemos a seguinte actividade:
Ese día temos a Lecthora a 3ª hora. Pasarán polas clases a esa hora un fotógrafo (Lino) e unha coordinadora (Sofía), invitando a saír a aqueles que queiran para facerse unha foto de primeiro plano co libro que están lendo nese momento.
Baixo o lema, un
libro, un amigo, faremos
despois unha exposición con todas as fotos no corredor da
biblioteca.
5 de mar. de 2015
CienciaEnMovimiento
CienciaEnMovimiento
visita o noso centro, e presenta
a súa exposición interactiva na Biblioteca onde todo o alumnado de
3º e 4º da ESO experimenta con distintos materiais e aparellos
durante un par de horas.
Mª José Gil
e Jesús
Fernández creadores desta iniciativa animaron a exposición coas
súas incisivas preguntas e brillantes explicacións.
A
actividade foi organizada no Instituto polos departamentos de
Orientación e Física e química.
24 de feb. de 2015
DE CABALOS E CINE
Seguimos namorados dos
cabalos; e dándolle continuidade ao noso xa histórico proxecto de
CEIBES NO MONTE, tentamos especializar a nosa biblioteca nesta
temática. Así, un grupo de mozas e mozos de 2º da ESO, animados
pola súa titora veñen desenvolvendo un miniclub de lectura en torno
ao cine e o cabalo. Neste momento están a ver War Horse, película
de Steven Spilelberg onde un mozo e o seu cabalo loitan por
sobrevivir na primeira gran guerra (1914-1918) e no que se pon de
manifesto a importancia que este nobre animal tivo na contenda.
23 de feb. de 2015
30 de xaneiro. DÍA DA PAZ .
En biblioturonia significamos o DÍA DA PAZ cun pequeno mural coa poesía de fondo. O alumnado de cuarto, animando pola súa profesora de Galego, deixounos algúns caligramas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)