28 de nov. de 2014

28 de out. de 2014

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

Na celebración do Día da biblioteca o venres 24 de Outubro, propuxémonos achegar ao centro as bibliotecas que todos temos na casa.
Baixo o lema A miña Biblioteca ten unha casa, a miña casa ten unha Biblioteca, solicitamos a toda a comunidade educativa o envío vía WhatsApp das imaxes das nosas bibliotecas caseiras, que serán expostas despois en diversos formatos.







31 de maio de 2014

Agora estamos lendo... Os Gotten, de Álvarez Caccamo

     O club de lectura dos Lectómanos está lendo os divertidos relatos contidos na obra de Álvarez Cáccamo titulada Os Gotten. En breve, estarán listos para contarnos as surrealistas situacións deste libro que lles fan escachar coa risa.
     Tivemos a sorte de coñecer o seu autor, Álvarez Caccamo, que nos visitou no noso centro. Na súa interesante charla-tertulia falounos da súa obra, contounos anécdotas moi graciosas da súa vida e iluminounos coa súa sabedoría de moitos anos de experiencia vital. 
     Estamos desexando ler outra obra deste simpático escritor de Vigo e de recibilo novamente no noso centro. Dende o Terra de Turonio, grazas por as túas interesantes e amenas historias.


19 de mar. de 2014

As constelacións gondomareñas e a orixe do universo

     No Miniclub de lectura de Astronomía, ademais de estar decorando a biblioteca cun ceo nocturno estrellado marabilloso, houbo unha serie de charlas moi interesantes realizadas pola profesora Luisa nas que, entre outras cousas como a orixe do universo, ensinou ó alumnado a identificar as estrelas que se poden contemplar no ceo nocturno de Gondomar, que resumimos na seguinte presentación:

31 de xan. de 2014

Estamos lendo o lapis do carpinteiro (Manuel Rivas)

     A novela que estamos lendo no club de lectura trata sobre a vida dun doutor, Da barca, un republicano que defendía os dereitos nos que el cría. Isto levouno á prisión porque era a época franquista. 
      Daniel Da Barca estaba namorado de Marisa Mallo, unha moza de clase alta. Pero o seu amor era imposible porque o pai de Marisa o impedía. Daniel non quería vela sufrir indo visitalo ó cárcere.
     Tamén aparece nesta historia Herbal que era garda da prisión. Este sufría dun trauma dende pequeno por culpa do seu pai xa que mataba raposos con poucos meses de vida. 
     Para traballar o léxico da novela (algo complexo) fixemos os seguintes exerciciosCapítulo 14Capítulo 15Capítulos 16 e 17Capítulo 18Capítulos 19 e 20.
     O alumnado de 4º Diversificación realizarou unha serie de monólogos nos que imaxinaron ser un/unha dos/as personaxes da novela. Este é o resultado:


Na mente dun personaxe do lapis do carpinteiro on PhotoPeach