9 de xuño de 2011
Rematou o xogo.
O mércores 8 de xuño, demos por rematado o xogo dos 14 enigmas. A gañadora do xogo, en lugar destacado, foi Susana que descifrou 8 enigmas, seguida por David Urgal con 2 e en terceiro lugar un empate entre Melanie e David con 1.
Aproveitando a entrega dos premios correspondentes, celebramos unha última reunión do Club de lectura, onde acordamos suspender as nosas actividades, para adicarnos de cheo ao fin de curso. Non fomos quen de rematar o foguete, pero comprometémonos a facelo nada máis comezar o novo curso.
Boas vacacións lectoras para todos e todas !
6 de xuño de 2011
ENIGMA 14
PERSEO E A CABEZA DE MEDUSA
Perseo segou a cabeza do monstro chamado Medusa, que noutro tempo fora unha muller moi fermosa, cunha fouce con folla de diamante.
Dende logo, eu preferiría ter unha Fouce de ouro, pois sería máis barata e menos fráxil.
3 de xuño de 2011
ENIGMA 13
ULISES E O CABALO DE TROYA
Grazas a Ulises e ao seu cabalo de madeira, os gregos conquistaron finalmente Troya.
Quen non conquistaría Troya sería Mollie, a presumida egua branca que tiraba do carro do señor Jones. Pero unha egua parecida, de nome Luna pode axudar a resolver este enigma.
2 de xuño de 2011
ENIGMA 12
ORFEO NO INFERNO
Orfeo tiña unha voz clara como o cristal e doce coma o mel e acompañábase case sempre dunha lira.
O porco Maior tamén cantou a canción “Animais da nosa Terra” e fariades ben en ler con moita atención o que di o refrán desa canción.
1 de xuño de 2011
ENIGMA 11
O OURO DE MIDAS
Midas pediu como don que todo o que tocase se convertera en ouro. Pronto se decatou da súa estupidez pois non podía nin sequera comer nin beber, pois apenas tocaba o pan ou a auga, estes convertíanse en ouro.
Aos últimos donos de Buck, tampouco lles valeu de moito o ouro que atoparan nas terras do norte, cando os indios os mataron.
A lo menos o ouro serviu para por nome a unha cidade galega.
ENIGMA 10
O VOO DE ÍCARO
Ícaro comprendeu que os homes naceran para tocar a terra cos pés, cando caeu ao mar ao derreterlle o sol a cera que pegaba as súas ás.
Iso nunca lle pasaría a Moisés, o corvo manso de “A revolta dos animais”, pois as aves están perfectamente deseñadas para voar.