27 de feb. de 2011

Na sección "enlázate" atoparás aNobii. Unha nova rede social onde poderás compartir comentarios sobre os teus libros favoritos, facer a túa propia biblioteca e moitas cousas máis.

Todo o club construíndo o foguete.



14 de feb. de 2011

Comezou a construción do foguete.

Nas fotos podemos apreciar como as enxeñeiras do club ensamblan os primeiros módulos.











8 de feb. de 2011

BIBLIOTECA DE GALICIA





Dende o mes de xaneiro, está aberta ao público a Biblioteca de Galicia, na polémica e controvertida Cidade da Cultura de Galicia que se ergue no Monte Gaiás de Santiago de Compostela. O arquitecto de edificio tan grande é o norteamericano Peter Eisenman que nos deixou, entre outras cousas ese inmenso tobogán que vedes na foto. Ben merece unha visita por dentro e por fora.

2 de feb. de 2011

UN FOGUETE EN BIBLIOTURONIA.






Todos coñecemos esta imaxe. Por que sae hoxe no noso blog? Porque xa que estamos a leriar cos libros de animais e de viaxes, pensamos en animar un pouco Biblioturonia cunha reprodución do foguete de "Obxectivo: a Lúa" das Aventuras de Tintín de Hergé.


Consultados os planos para a construción no propio álbum de Hergé acordamos na reunión celebrada hoxe, mércores 2 de febreiro, simplificar o deseño e realizalo con materiais de desfeita: papel e cartón, que a pesar de ser inflamables, cumprirán o seu cometido porque non pensamos chegar á Lúa con el.


O tamaño tamén será menor que o representado na viñeta, e aínda así utilizaremos técnicas modulares de construción. Veremos se despega e aterra finalmente en Biblioturonia.