23 de abr. de 2024

Certame literario Beatriz da Serra

Como cada ano,  xa está convocado o certame de poesía breve Beatriz de Castro. Até o 17 de maio o alumnado dos centros educativos do Val Miñor pode enviar as súas creacións de acordo coas seguintes bases:

Certame de Microrrelatos Feiraco 2024

Compartimos o seguinte anuncio recibido da SXPL: O XII Certame de Microrrelatos Feiraco 2024, promovido por esta empresa láctea en colaboración coa SXPL, no que se establecen dúas categorías: xuvenil (a partir de 12 anos) e adulta (de 18 anos en diante). Os relatos, que deberán comezar coa frase “Púxenme a escoitar” e non superarán as 500 palabras, poderanse subir á páxina web: https://leiteratura.feiraco.es/ ata o 18 de maio. As bases están aquí: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0191/xii-certame-microrrelatos-feiraco-letras-galegas-2024-edicion-leiteratura.

21 de xuño de 2023

Exposición de infografías sobre neurociencia, xogo de cartas e investigación sobre científicas

 

Rematamos o curso coa exposición das infografías realizadas polo grupo de lectura sobre neurociencia despois de traballar os contidos do libro "A que cheiran as flores?".




Finalmente, despois de realizar unha investigación sobre mulleres científicas (que mostramos a continuación en forma de páxina web) desfrutamos do xogo de cartas resultado da mesma. 

As persoas gañadoras do xogo realizado na biblioteca puideron gozar dos vales para gastar na cafetaría do centro que foron o premio ó seu esforzo e pericia.








13 de xan. de 2023

Comezamos 2023 con novidades lectoras e un club de lectura (con escape room) sobre "Os nenos da varíola" de María Solar.

 Velaquí o vídeo que creamos coa exposición das novidades lectoras neste novo ano que comezamos e que podes ver no corredor do centro.


E finalmente, aquí tes o Escape Room sobre "Os nenos da varíola" de María Solar. Anímate a participar no club de lectura. Cando rematemos a súa lectura teremos ocasión de ver a película. 

 

2 de nov. de 2022

As lecturas favoritas de Frankie: charla na bibloteca, exposición de lecturas para o 25N, imaxes do acto no centro e consellos lectores para o Nadal

 


Hoxe tivemos a sorte de escoitar e falar (en inglés) con Frankie, o asistente de conversa do Departamento de Inglés e comentar as nosas lecturas favoritas e tamén as súas: os libros que tivo que ler de xeito "obrigado" durante os seus anos de estudo e dos que goza no tempo de lecer.





 

Lecturas terroríficas para o Samaín

 

Novidades lectoras

 

Outubro: Mes das escritoras e celebración do Día das Bibliotecas

 

 

26 de set. de 2022

Escape room. Reto de lectura: Oceánicas. Pioneiras na oceanografía. Busca a información e resolve o encrucillado.

Os océanos están en perigo. Só un grupo de científicas pode salvalo. Necesitas un código para traelas a nosa época. 

Terás que responder ás cuestións do encrucillado para descubrir a palabra clave. A información para resolver o encrucillado a atoparás nesta ligazón ó libro Oceánicas.

Logo pulsa no cadeado para escribir a palabra clave.




Despois de ler o libro "Oceánicas" decidimos facer un programa de radio falando das científicas pioneiras no estudo científico dos océanos. Velaquí o resultado:

Comeza un novo curso con novidades lectoras en Biblioturonia e recomendacións de 1º ESO