23 de feb. de 2017

Obradoiro sobre as rimas de Bécquer


      Hoxe fixemos co club de lectura "Poetizar" de 1ºESO un obradoiro de poesía na biblioteca sobre as rimas Bécquer. Os resultados foron sorprendentes: atopamos grandes poetas!

     Profundamos na breve vida deste autor, no significado da súa obra e lemos as súas rimas. Tamén fixemos fincapé nos recursos retóricos que se empregaban neses poemas: as hipérboles, os paralelismos, as metáforas... Destacamos o xeito tan sinxelo e auténtico no que expresaba o sentimento amoroso, a búsqueda do amor ideal...

     Despois imaxinamos historias de amor ou desamor inspiradas polos poemas. Tamén creamos novas rimas e ilustramos todo este sentimento con algúns debuxos. Velaquí o interesante resultado:





















Ningún comentario:

Publicar un comentario