14 de feb. de 2017

Celebramos o Día Mundial da Radio

     Para celebrar o Día Mundial da Radio no IES Terra de Turonio emitimos durante o longo de todo o día 13 varios programas de radio con gran participación do alumnado, profesorado e o resto da comunidade educativa. 

     Dende Biblioturonia co grupo de 2º PMAR elaboramos un podcast moi especial dedicado a Carlos Casares, á súa obra e á súa pegada na cultura e lingua galega. Este podcast forma parte dos programas emitidos o Día Mundial da Radio pero subirase á rede nun canal que crearemos no Kiosko virtual de audios Ivoox.



     Este escritor é o homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Na biblioteca realizamos unha serie de carteis cos aspectos máis destacados da súa obra e da súa biografía. 










Ningún comentario:

Publicar un comentario