12 de xuño de 2012

O FOGUETE... POR FIN !

Rematamos o foguete, e con tal motivo, fixemos unha pequena exposición sobre os cómics das Aventuras de Tintín.
Nela, ademais do foguete e unha presentación onde se explica a súa orixe e construción, podiamos contemplar unha magnífica mostra de cómics de Tintín en varios idiomas, acompañados por unhas preciosas reproducións a escala dos coches que neles aparecían, colección cedida por Nacho, profe de Galego do centro e gran entusiasta de Milú e os seus compañeiros.