Anos despois, un entusiasta grupo do IES

Veredes que a materia prima utilizada é maiormente o cartón, que ben manipulado polas mans expertas deste singular equipo de enxeñeiras e técnicos, adquire propiedades que o fan apto para a navegación espacial. A NASA xa está interesada no asunto.
Como podedes apreciar na vitrina, numerosos fabricantes teñen feito reproducións de todo tipo de obxectos e personaxes das Aventuras de Tintín,
pero nada que ver coa calidade das manufacturas de Terra de Turonio, aquí representadas neste foguete.
Pero
se queredes saber máis cousas das aventuras de Milú, Tintín e os seus
compañeiros o mellor será que, ademais de ler e reler algúns títulos,
faledes con Nacho.
Si, o profe de Galego. O sabe todo acerca das Aventuras de Tintín e do seu autor Hergé.
E ademais é quen, moi amablemente, nos mostra esta preciosa colección de obxectos.Grazas.