25 de xan. de 2018

Relatos para a igualdade: 100 comentarios machistas que temos que escoitar dende nenos/as.

        Organizamos unha actividade a partir da famosa curtametraxe na que unha rapaza enumeraba tódalas frases machistas que tiña que aguantar dende nena: 100 comentarios machistas que temos que escoitar dende nenas


        A idea era elixir unha das frases coa que nos sentiramos máis identificados/as e a partir dela crear un relato breve. 

        Velaquí neste enlace algúns os interesantes resultados que darán lugar a unha exposición, acompañada de debuxos, e a un libro que repartiremos gratuitamente no centro, como xeito de sensibilizar á xente sobre os micromachismos cotidianos nos que ás veces se participa dun xeito máis ou menos inconsciente.

27 de nov. de 2017

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero

     Nesta data tan sinalada, 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, dende Biblioturonia decidimos reflexionar sobre o machismo na sociedade na que vivimos e como a violencia exercida contra a muller e os/as fillos/as é unha consecuencia directa do mesmo. 

     Para iso, proxectamos o seguinte vídeo,




 unha caricatura algo antiga sobre os roles de xénero pero tristemente moi presente en moitos lugares ou fogares aínda, e profundamos nel a través do seguinte cuestionario.


     Ademais, proxectamos imaxes da conta de Twitter @micromachismos mostrando situacións de desigualdade da vida cotiá sobre as que moitas e moitos dos nosos/as alumnos/as opinaron nos seus blogs. Rubén, Alba, Luci, Fernando, Aitor...


     Finalizamos pondo e común experiencias personais relacionadas co machismo e realizando carteis para sensibilizar ao alumnado. Aí van algúns exemplos.

Celebramos o Samaín coas Lendas de Bécquer



     
     O 31 de outubro celebramos o Samaín no IES Terra de Turonio. 

     En Biblioturonia decidimos escoitar a dramatización da lenda de Bécquer "Os ollos verdesque se atopa en IVOOX  (enlace á actividade). 


     Despois, alumnas e alumnos inventaron unha serie de finais alternativos. Aquí están os resultados.














16 de out. de 2017

Hoxe na biblioteca: Obradoiro de inquedanzas "Arde a nosa terra"

      Hoxe, os rapaces e as rapazas de Gondomar necesitaban falar e exteriorizar os seus sentimentos sobre os feitos tan graves que veñen de sufrir cos incendios que cercaron as súas vilas: o medo por ver arder as os seus fogares, a xenreira polo sufrimento da xente intentando sofocar as chamas, a magoa e a impotencia polos animais que non poideron salvar...

Autora da imaxe: C. Brea Lodeiro co alumnado do centro.


      Estes son os debuxos das árbores que non verán medrar porque se perderon para sempre no lume. Dentro de esas árbores están os sentimentos dos nosos nenos e nenas nestes días de loito no que arde a nosa terra, #ardeGalicia


      Esta é a nosa particular homenaxe neste día tan triste.