Para iso, proxectamos o seguinte vídeo,
unha caricatura algo antiga sobre os roles de xénero pero tristemente moi presente en moitos lugares ou fogares aínda, e profundamos nel a través do seguinte cuestionario.
Ademais, proxectamos imaxes da conta de Twitter @micromachismos mostrando situacións de desigualdade da vida cotiá sobre as que moitas e moitos dos nosos/as alumnos/as opinaron nos seus blogs. Rubén, Alba, Luci, Fernando, Aitor...
Finalizamos pondo e común experiencias personais relacionadas co machismo e realizando carteis para sensibilizar ao alumnado. Aí van algúns exemplos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario