12 de maio de 2011
14 mitos. 14 enigmas
14 mitos. 14 enigmas. É o título do xogo deste ano, que deu comezo hoxe mesmo.
14 mitos. 14 enigmas.
BIBLIOTURONIA, a través do seu club de lectura convoca un ano máis un xogo en base aos textos lidos:
- A REVOLTA DOS ANIMAIS de George Orwell.
- LA LLAMADA DE LO SALVAJE de Jack London. (A chamada da selva).
- MITOS GRIEGOS de María Angelidou.
O xogo consiste basicamente na resolución de 14 enigmas. Cada un deles inspirarase nun mito grego dos relatados no libro de María Angelidou e para solucionalo, haberá que botar man dos libros e da imaxinación dos participantes. Resolver un enigma consiste en atopar nalgunha parte do instituto un pequeno disco plastificado cunha imaxe representativa do mito que da orixe ao enigma.
REGRAS:
- Poderán participar no xogo tod@s @s alumn@s do IES Terra de Turonio.
- É un xogo individual.
- Os enigmas publicaranse na cristaleira de Biblioturonia e no blog: http://covadamouratt.blogspot.com/
- Se considera que acertou o enigma a primeira persoa que atope o disco.
- Os discos buscaranse durante o recreo.
- Gañará quen consiga máis discos.
- En caso de empate os membros do club de lectura tomarán as decisións oportunas.
Premios: Outorgaranse 3 premios a@s tres primeir@s clasificad@s: auriculares 1, auriculares 2, auriculares 3.
¡ participa !
15 de abr. de 2011
Programa de radio
Tal como tíñamos organizado no recreo do día 13 de abril emitimos o noso programa para toda audiencia de Radio Turonio.
Aquí o tedes, disfrutádeo:
29 de mar. de 2011
PREPARANDO O PROGRAMA DE RADIO.
27 de feb. de 2011
14 de feb. de 2011
8 de feb. de 2011
BIBLIOTECA DE GALICIA
Dende o mes de xaneiro, está aberta ao público a Biblioteca de Galicia, na polémica e controvertida Cidade da Cultura de Galicia que se ergue no Monte Gaiás de Santiago de Compostela. O arquitecto de edificio tan grande é o norteamericano Peter Eisenman que nos deixou, entre outras cousas ese inmenso tobogán que vedes na foto. Ben merece unha visita por dentro e por fora.
2 de feb. de 2011
UN FOGUETE EN BIBLIOTURONIA.
Todos coñecemos esta imaxe. Por que sae hoxe no noso blog? Porque xa que estamos a leriar cos libros de animais e de viaxes, pensamos en animar un pouco Biblioturonia cunha reprodución do foguete de "Obxectivo: a Lúa" das Aventuras de Tintín de Hergé.

Consultados os planos para a construción no propio álbum de Hergé acordamos na reunión celebrada hoxe, mércores 2 de febreiro, simplificar o deseño e realizalo con materiais de desfeita: papel e cartón, que a pesar de ser inflamables, cumprirán o seu cometido porque non pensamos chegar á Lúa con el.
O tamaño tamén será menor que o representado na viñeta, e aínda así utilizaremos técnicas modulares de construción. Veremos se despega e aterra finalmente en Biblioturonia.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

