2 de feb. de 2011

UN FOGUETE EN BIBLIOTURONIA.






Todos coñecemos esta imaxe. Por que sae hoxe no noso blog? Porque xa que estamos a leriar cos libros de animais e de viaxes, pensamos en animar un pouco Biblioturonia cunha reprodución do foguete de "Obxectivo: a Lúa" das Aventuras de Tintín de Hergé.


Consultados os planos para a construción no propio álbum de Hergé acordamos na reunión celebrada hoxe, mércores 2 de febreiro, simplificar o deseño e realizalo con materiais de desfeita: papel e cartón, que a pesar de ser inflamables, cumprirán o seu cometido porque non pensamos chegar á Lúa con el.


O tamaño tamén será menor que o representado na viñeta, e aínda así utilizaremos técnicas modulares de construción. Veremos se despega e aterra finalmente en Biblioturonia.

Ningún comentario: