Despois de ler, escenificar e comentar La casa de Bernarda Alba, de García Lorca, decidimos inventar outros finais pero introducindo algúns cambios. Os personaxes femininos pasaban a ser masculinos.
Deste xeito, analizamos os roles que desempeñaban ambos xéneros e como esas ideas atópanse nas nosas mentes, por moito que algo se teña avanzado dende a época na que Lorca creou esta obra.
No primeiro texto que creou o alumnado de xeito colaborativo podemos observar como os personaxes masculinos que forman parte da obra acaban cometendo violencia física.
No segundo texto imos ver como se chega incluso a planificar un asasinato.
No terceiro texto a violencia chega a un extremo máis intenso e monopoliza toda a acción.
No cuarto texto a feminización dos personaxes masculinos condúceos á homosexualidade.
E finalizamos con outro texto tamén con asasinato pero máis parecido ó da obra orixinal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario