25 de out. de 2021

Concurso de Microrrelatos de misterio para o Samaín


 Conmemoración do SAMAÍN Concurso de microrrelatos de misterio.

O equipo da Biblioteca convoca un certame de microrrelato de misterio para conmemorar o Samaín. 

O certame rexerase polas seguintes BASES: 

  1. Poderá participar todo o alumnado do IES Terra de  Turonio. 

  2. A participación no certame supón a aceptación destas bases. 

  3. Presentaranse en lingua galega.

  4. Os microrrelatos terán unha extensión de entre 10 e 20 liñas e presentaranse a través  dun enlace que estará dispoñíbel na aula virtual e no blog da biblioteca. A temática serán microrrelatos de misterio, medo, terror… os diferentes aspectos relacionados co Samaín e a celebración de Santos e Defuntos. 

  5. Cada participante presentará un microrrelato. 

  6. Establécense as seguintes categorías:  

    1. Alumnado de 1º ou 2º da ESO 

    2. Alumnado de 3º ou 4º da ESO 

  7. Establécense os seguintes premios en cada categoría: 

    1. 1º premio dotado con cinco vales de 1€ para a cafetería. 

    2. Accésits dotados con vales para a cafetaría por un valor de 3 euros. 

  8. A data límite para a presentación dos relatos será o 8 de novembro de 2021 ás 23:59  h.  

  9. O xurado estará composto por profesorado as linguas do centro. 

  10. Os relatos premiados serán expostos no centro e publicados na web e nas redes sociais do centro. 

  11. O fallo do xurado será inapelable e farase público no taboleiro de en fronte á conserxería, na web do centro e no blog da biblioteca. 

  12. Se o xurado o considera, poderá quedar algún premio deserto. Calquera incidencia non  prevista nestas bases será resolta polo xurado.


1 comentario: