Vaise achegando o 25 de novembro que se conmemora como o día internacional pola eliminación da violencia de xénero.
Este ano, coa problemática da pandemia non imos realizar ningún acto no centro que reúna ao alumnado, pero non queremos deixar pasar a data sen facer algunha actividade.O grupo de igualdade deseñou un concurso para todos: alumnado, profesorado e non docentes. Trátase dun concurso de microrrelatos (máximo 10 liñas e en calquera das cinco linguas do instituto) que teñan como tema xeral: A violencia de xénero.
Para participar hai que ir á aula virtual do centro, en Inicio do sitio, na categoría IDeAS atoparedes o concurso que é aberto a convidados. Entrégase o relato a través dun enlace a un formulario de Google.
Este mércores, na hora de titoría o alumnado entrará na aula virtual e escribirá o seu microrrelato. 1º e 2º de ESO farano cos seus ordenadores de EDIXGAL, 3º e 4º usarán os ordenadores abalar que teñen nos carros. (Entrega o titor ou titora un ordenador a cada alumno/a seguindo a numeración da lista coa numeración dos ordenadores. Cando rematen recollense e déixanse como estaban)
Contamos tamén coa participación de todo o profesorado
A eliminación da violencia é un asunto de todos e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario