13 de xan. de 2022

Consellos lectores para as vacacións: exposición en Biblioturonia

 

Watch on TikTok

Actividades pola Igualdade de Xénero

 No tempo que levamos de curso xa fixemos moitas actividades relacionadas coa Igualdade de Xénero (a aínda nos quedan moitas por facer). Aí van:

Persoas gañadoras do concurso de microrrelatos de misterio

     


     Aínda que as gañadoras do concurso de microrrelatos polo Samaín xa o souberon antes do Nadal, é agora cando tivemos tempo para dalo a coñecer no noso blog.

     Noraboa a todas as gañadoras!!!


Primeiro ciclo: 



Gañadora: Uxía Quintas Pérez de 1º C polo microrrelato: “A miña muller deu a volta”.


Accésit: Aroa Araújo Fernández de 1º A polo microrrelato: “A miña nai”.




Segundo ciclo:



Gañadora: Uxía Carrera Bastos polo microrrelato: “Arrecendo a gasolina”.


Accésit: Tania Buj Salgueiro polo microrrelato: “Nota mental”.



MICRORRELATOS GAÑADORES


1º CICLO



Uxía Quintas Pérez de 1º C “A miña muller deu a volta”.


A miña muller deu a volta e sacudiume o ombreiro: ”E o teu turno de alimentar ao bebé” Suspirando, levanteime da cama, saín da casa, entrei no celeiro e lancei outro tenreiro ao abismo ao seu.



Aroa Araújo Fernández de 1º A polo microrrelato: “A miña nai”.


A miña nai está contenta, pero distante á vez. Está triste e soa nun recuncho da nosa casa, nunha habitación ás escuras, con só un raio de luz que entra pola porta aberta. Ten a súa mellor amiga, a súa boneca Anna, coas súas grandes trenzas vermellas e a seu camisón azul, con puntos verdes. Quixera dicirlle que está morta, pero non o crerá, porque é unha idiotez.


 




2º CICLO



Primeiro premio: “Arrecende a gasolina”, Uxía Carrera Bastos



Arrecende a gasolina Estou nunha casa abandonada. Arrecende a gasolina. Entro e vexo a alguén, é o culpable dese cheiro. Está a queimar un corpo que me resulta moi familiar. Teño tanto medo que paralízome, el fuxe e nin se decata da miña presenza. Xírome e cando miro ao espello ninguén me devolve a mirada.



Accésit: “Nota mental”, Tania Buj Salgueiro.


Corrín. Seguín correndo. Seguín. Seguín e seguín. Que mas podería facer? Era iso ou morrer. Mirei ante o único que tiña en fronte mía: Escuridade, todo iso a vez que agarraba con forza o revolver gardado no peto esquerdo que, grazas os ceos, conseguín nunha casa abandonada fai dous o tres kilometros. Como cheguei aquí? O recordo mais recente que teño na mente e escapar durante varias horas. Non fixen nada, que saiba. Non molestei a ninguén, que saiba. E non coñezo a ninguén que queira acabar coa miña vida... que saiba. Parte do meu alento estaba rematando. A situación empeorou no momento que unha pedra interpúxose no camiño, deixando que a miña pel mesturarase coa terra e varios insectos. Daría o mundo enteiro para non xirar a cabeza e atoparme esa figura humanoide con roupas anchas e rotas. O suor corría na miña testa. A forte presión no pecho non axudaba moito. Quen tiña ante min levantou a aguzada arma, e aínda que non puiden ver os seus ollos, notaba unha gran carencia de alma. Da nada, un impulso veu o meu corpo, ese impulso de supervivencia que tes en situacións desesperadas. Antes de darme conta, a arma non tiña balas e varios cristais estaban polo chan. Acababa de disiparlle a un espello. Por fin puiden abrir os ollos. Nota mental: Comprara un espello novo. Nota mental 2: Non volver a matar a ninguén por aburrimento.