22 de mar. de 2017

Europa Express

     
     Europa Express, de Andrea Maceiras é a novela que estamos traballando no Club de Lectura

     Mentres viaxamos da man dos seus personaxes imaxinamos como sería se nós, como grupo, tamén fixéramos unha viaxe por Europa. 

     Decidimos visitar Londres, Suíza, Mónaco, Rusia e ir no Transiberiano, camiñar pola Acrópole e perdernos polas rúas de Roma. Nestes enlaces están as historias que imaxinaron as rapazas e os rapaces do grupo de 2º ESO.

8 de mar. de 2017

Programa de radio especial 8 de marzo: Día Internacional da Muller.

     Velaquí o programa que emitimos hoxe en directo co grupo de 2º PMAR sobre o Día Internacional da Muller. 

     Falamos de ilustres loitadoras polos dereitos das mulleres ó longo da historia e do machismo que aínda existe na actualidade. Este é un enlace ó guión

     Magnífico traballo o de Noelia, Laura, José Manuel, Fernando, Anxo e Rubén! Feliz día a todas e todos!


 
Directo de Radio Turonio - Especial 8 de Marzo... por terradeturonio